Esta páxina achega un estudo da microtoponimia das distintas parroquias do concello. A toponimia maior, referida a entidades de poboación, figura recollida noutra páxina.
Esperamos que poida ser de utilidade para o que sinta curiosidade por un tema que nos amosa unha pequena vista á nosa historia, aos que pasaron por estas terrras e lles deron nome.
Non é unha lista exhaustiva, omitimos todos aqueles con significado transparente.
É unha páxina viva: irá medrando conforme vaiamos tendo tempo.
_______________________________________
As ABELLEIRAS (As Negradas)
O termo "abelleira" significa o mesmo que "colmea" ou "enxame". Por tanto, o topónimo indicaría "lugar onde hai colocadas colmeas".
Nalgúns casos, o lugar estaba cercado, para protexer as colmeas dos animais, e un tanto lonxe da poboación.
Aínda que o apelativo "abelleira" tamén corresponde coa "herba abelleira" (Melissa oficinalis), é improbable que sexa esta a interpretación correcta, sería estraño un topónimo referido ao nome singular dunha planta sen uso especialmente relevante.
O ABELLÓN (As Negradas)
O REGO DO ABELLÓN (As Negradas)
Non está claro se o rego transmitiu o nome ao lugar ou viceversa. A chave para decantarnos é o feito de haber en Riobarba un "Rego Billón", así como varios Rego de Vellón en Galiza (en Muras por exemplo). Por tanto, semella que foi o rego que deu nome ao lugar.
Aínda que este topónimo parecería referir ao macho da abella, non parece moi probable para un topónimo: sería un topónimo anecdótico, e ademáis estraño.
Cremos máis probable atribuíble unha orixe na raíz hidronímica prerromana *ap-/*au–, presente en ríos como o Avia, Avión, Avon, etc. De feito, non somente a raíz *au-, senón tamén o sufixo -ón corresponde en moitos casos coa fixación de voces prerromanas (cf. aquí: F. Villar, "Estudios de celtibérico y de toponimia prerromana").
Esta hipótese parece aínda máis probábel vendo outros topónimos estreitamente relacionados fonéticamente, como "A Pena do Abellón" en Muras.
Nota 24/06/2016: anos máis tarde da escrita deste artigo, comprobamos que Bascuas, na súa obra póstuma, indica a mesma orixe para topónimos similares, incluíndo os topónimos correspondentes en portugués Abelhão e Abelhão, ou o río Abejón (Soria). En efecto, Bascuas interprétaos como formacións derivadas, co sufixo -lo, da raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)- 'humedecer, fluír, mollar'. Cf. p. 120-121 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
O ABESÍO (Riobarba)
AVESÍO (Riobarba)
Lugar "sombrizo, frío" (cf. DdD).
ABEZÁN (Riobarba)
De (agru) Avezani, terras dun posesor medieval chamado Avezanus (cf. Tombo de Celanova, e aquí).
É importante notar que, ao non corresponder na actualidade cun núcleo de poboación, supoñemos que a forma en xenitivo seguise a un agru/fundu, porén, non temos datos tampouco para rexeitar que ese lugar teña sido un lugar habitado, unha uilla medieval (explotación agrícola) .
A ABRELA (Suegos)
Diminutivo de "abra" 'baía pequena onde poden fondear as embarcacións' (cf. aquí).
Sobreira definía "abra" como
"cualquier espacio de mar en la tierra, sin puerto ni nada" (cf. J. Sobreira, Fr. J. "Papeletas de un diccionario gallego. Ms. s. XVIII", Ed. de J. L. Pensado. 1979).
Atopamos un topónimo "Abra" na costa de Cedeira.
ADRA DA REVOLTA VELLA (Cabanas)
ADRA DA REVOLTA VELLA (Cabanas)
ADRAS LONGAS (Cabanas)
ADRA PEQUENA (Cabanas)
O termo "adra" designa en galego a "parte que corresponde a cada veciño na división dun monte comunal.
OS ALBARIÑOS (As Negradas)
Segundo Navaza, os termos "Albariña" e "Albariño" son diminutivos de "albar" para formas fitotonímicas como "carballo albariño", "uva albariña" ou "toxo albariño". Tamén sindica que algúns dos topónimos "Albariño" e "Albariña" podería ser diminutivo de "árbore", de arboriña > alboriña (cf. G. Navaza. "Fitotoponimia Galega". 2006).
O AMIDAL (Suegos)
Lugar onde abundan os ameneiros. Hai outros "Amidal" na contorna, e.g. en Covas (Viveiro), así como un "Midal" nas Negradas.
A AMOEIRA (As Negradas)
Os termos amoeiro e amoeira son variantes dos máis comúns "amieiro" e "ameneiro".
Este topónimo é interesante por manter cristalizado na toponimia este apelativo que se perdeu localmente, pois na actualidade é chamado "ameneiro".
A ANADA DE ABAIXO (San Román)
A ANADA DE ARRIBA (San Román)
Por un lado, atopamos no dicionario para "Anada" a acepción de "colleita anual", e Eladio Rodríguez recoólleo co sentido especializado de "abundancia", o cal podería encaixar cos topónimos, no sentido de "lugar que produce boa anada, boa colleita".
Por outro lado, aínda que os topónimos "Anada", "Aneiro" veñen recollidos no dicionario con acepcións relativas a "anual", non é o caso doutros como "Anido"para os que xa non encaixa. Tendo isto en consideración, poderían ter unha orixe na hidronimia prerromana, formado en base a un tema *an(n)-. Este tema foi estudado por Bascuas (cf. pp. 429-431 de E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría" in "Estudios Mindonienses" 17), que o vincula co radical céltico *an- ‘poza, pantano, lama’, do que deriva o galo anam ‘charco, poza’ ou o topónimo Guadiana (< wadi Ana).
Ver "Rego de Anido" para máis detalles.
ARGONTE (Vicedo)
Topónimo de orixe incerta. Postúlase unha orixe prerromana, incluso pre-celta, tanto a raíz *arg- ("brillante", emparentada co céltico argant-), como o sufixo adxetival "-ant-".
Estaría relacionado co "Arganzo" existente no veciño concello de Mañón (cf. aquí).
Existen outros "Argonte", así e.g. en Carral (A Coruña).
Ver a entrada específica neste blog para máis detalle >>>> aquí.
AREA LONGA (Vicedo)
Praia de AREA (Suegos)
Antigamente, nestes contextos, "area" significaba "areal", "praia". Máis tarde, esta acepción perdeu o uso pola introdución do termo "praia", mais conservouse na toponimia galega.
ASARTÁN (As Negradas)
Ver "A Sartán".
Os BAGOS (As Negradas)
Ver "Os Vagos".
O BARBEITO (Suegos)
O dicionario define "barbeito" como "terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar", ou tamén "terra de secaño onde se cultiva, segundo as zonas de Galicia, o centeo, trigo, millo e patacas".

A BARCIA CHÁ (Riobarba)
A BARCIA NOVA (Cabanas)
AS BARCIAS (Cabanas)
Unha "barcia" é un terreo chan e cultivado, un campo chan (cf. DdD), moitas veces ao pé dun río. O adxetivo "chá" desta barcia reitera este significado.
Orixinariamente significaba algo como "terreo de cultivo proximo a río" (cf. aquí), e despois pasou a significar "terra próxima a río e que se inunda". Descoñecemos se este é o caso.
Canto á súa orixe, a serie Barcia/Varcia/Barxa foi detalladamente analizada por Bascuas. En efecto, Bascuas pón de manifesto o "absoluto predominio" da documentación antiga como varcena e despois varcia, en canto que a representación con "b" foi excepcional. Por isto e outras razóns, deriva "Barcia" e "Barxa" dunha forma paleoeuropea *war-ki-na, a partir da raíz indoeuropea *war- 'auga'; non lle dá orixe celta, ao non estar tal raíz extendida no celta (cf. pp. 154-155 de E. Bascuas, 2014. "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").
A BARRANOVA (As Negradas)
Recollido oralmente que se chama así desde a apertura, no século pasado, dunha nova taberna ("barra") nese sitio.
O BATÁN (Riobarba, As Negradas)
Os antigos "batáns" de auga eran dispositivos destinados á operación de abatanar ou bater os panos ou teas de lá ou liño fabricadas nos teares caseiros. O batido era feito por dous mazos hidráulicos. O tecido era batido para desengraxalo e darlle corpo. Os batáns ficaban ao pé dos ríos e ao funcionar facían gran ruído.
Provén do latín battere, bater, golpear.
O BAZALAR (As Negradas, O Vicedo)
De "bacelar" de "lugar plantado de bacelos, vides novas" (cf. DdD). O termo bacelo é unha vella denominación galega para as vides, en particular referindo ás vides novas, e está moi presente na toponimia galega. Navaza inclúe os topónimos Bacelar na súa obra "Fitotoponimia galega", con esta acepción. Aínda que os dicionarios rexistran tamén a acepción de "casal, granxa", é unha acepción menos común. No caso que nos ocupa non hai moita dúbida, e de feito, neste caso recollemos oralmente a acepción de "vide", sendo ademais unha zona onde historicamente tivo certa abundancia de vides.
Correspóndese co portugués bacelada 'plantación de bacelo; viña nova' e co castelán leonés bacillar 'parral; viña nueva'.
A respecto da etimoloxía de "bacelo" 'viña nova', Sarmiento, e despois Corominas, derívano do latín bacillum ‘bastonciño’, diminutivo de baculum ‘bastón’, por lembrar os bacelos a forma dun bastón (cf. Corominas, DCECH, s.v. bacillo). No entanto, existe tamén a variante "barcelo", e igualmente no castelán de León barcillo, que fan pensar noutra acepción: Sobreira derivou "bacelo" de "barcelo" 'pequena barcia' "el hoyo o pozo que se hace para plantar una cepa. La cepa nueva así plantada" (cf. DdD J. Sobreira, 1792-1797. "Papeletas de un diccionario gallego").
Na toponimia galega atopamos múltiples"Barcelo" e "Barcelar(es)" ; esta extensión e frecuencia coa forma co -r- sería estraña se o -r- non fose etimolóxico, en canto que a derivación de barcelo> bacelo que fai Sobreira non presenta maior problema fonético. Visto todo o anterior, aínda que contrariando a Sarmiento e Corominas, penso que a orixe é a indicada por Sobreira.
No blog "Toponimia de Burela" analízase o topónimo "As Bacelas", concluíndo que todo apunta a que, en efecto, os topónimos "Bacela" derivan de "Barcela", sendo este un diminutivo de "barcia" (terreo chan de cultivo, preto dun río), confirmando, xa que logo, a orixe que indicou Sobreira.
O BERTOIRAL (As Negradas)
Posiblemente derivado abundancial de "bertoeiro", indicando por tanto un lugar onde abundan os brotes, sexa das nabizas ou doutra planta. En efecto, o adxecivo "bertoeiro" é rexistrado por E. Rivas, aínda que non nesta zona, co significado de "que abunda en bertós; se dice, por ej., de los nabos que echan muchos brotes tiernos. A estos brotes se les llama bertós; grelo es menos usado aquí" (cf. aquí).
Alternativamente, podería terse formado como deturpazón de *avetoiral : onde pousan ou crían os voitres ou as avetardas. A evolucion tería sido *avetoiral > *avertoiral (etimoloxía popular por interferencia con "bertoiro") >bertoiral (hipercorrección). Joseph Piel, menciona os topónimos "Bitureira" e "Beitureira" como abundanciais do voitres (cf. J. Piel, par. 24 de "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966).

E. Bascuas (2014) considerou os topónimos Bretal e mais Bertal como abundanciais das palabras brita ou birta‘rego que se fai nos prados para regar’, ou brita ‘pedra solta, cascallo’. Así, liga os Bretal e Bertal co topónimo portugués Briteiros, que para el sería tamén un abundancial pero co sufixo -eiro.
OS BOIRRUBOS (San Román)
Topónimo formado polo sintagma "Bois Rubos". O termo "boi" neste topónimo, pode provir ben do significado obvio, ou ben da raíz prelatina *boi- "rocha, pedra", e por tanto reforzaría o significado, "Pena das Rochas".
Ver "A PENA DOS BOIS" para máis detalles.

BOSTEIRAS (San Román)
Aínda que o significado semella transparente ("acumulación de bostas"), a motivación para un topónimo é incerta. Eladio Rodríguez recolleu unha acepción de "sitio onde se xunta e deposita a bosta que vai recolléndose polas corredoiras" (cf. DdD).
Sen vir recollido nos dicionarios de galego, mais si na zona de Zamora, pode remitir a un busto no senso de pastizal (cf. P. Riesco, "Paisaje y territorio en la toponimia menor de un pueblo sayagués: Escuadro"), talvez coa acepción de "corte para o gado".
A BREA (San Román)
AS BREAS (As Negradas)
Posiblemente de "vrea", "verea" 'vieiro, carreiro' (cf. DRAG), da mesma orixe que o castelán vereda.
As BUDUEIRAS (Riobarba)
O apelativo "budueira" é sinonimo de bedueiro, bidueiro.
O BUFADOIRO (As Negradas, O Vicedo)
O topónimo remite a un lugar onde "bufa" o vento, onde sopra forte.
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para Sto. Estevo de Vale (1752), ao referir os límites da freguesía:
.. "y de allí a la cruz de Iroa por la parte del sur y al campo de Bufadoiro y baja al sitio de la mexilloeira"...
Igualmente figura no correspondente para as Negradas (1752).
.. "sitio que nombran da mijillueira del que sube al campo de Bufadoiro y de este sigue a un marco deel mismo nombre"...
O BULLEIRO (As Negradas)
OS BULLEIROS (As Negradas)
Topónimo que remite a un sitio pantanoso ou no que nace a auga. Cf. DdD.
Lingüisticamente é un topónimo interesante, por ser sinónimo de "ulleiro". Non só sinónimo senón variante formal da mesma voz prelatina, derivada da raíz indoeuropea *wel- 'virar', presente na hidronimia, e estudada por Bascuas entre outros.
A parella de homónimos ulleiro/bulleiro tería as correspondencias nas parellas ulla/bulla e mais na Ulló / Bulló, tal como tamén interpretamos para o topónimo "Os Bullós" de Cariño.
BUSTO (varios)
BUSTELO (varios)
De bustu, "curral de bois e vacas", "rabaño de gando vacún", "lugar para pasto".
O lingüista J. Piel matizou que especialmente se refire a “pastos altos, pastos de verán”, e cita a Sarmiento, que xa se adianta as mesmas ideas.
Navaza di que os topónimos Busto e Bustelo naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor (cf. G. Navaza. "Toponimia de Catoira". 2007). Neste sentido, e seguindo a J. Moralejo, M. Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia para as vacas' (cf. blog frornarea), á súa vez derivado da raíz indoeuropea *gwōw- 'vaca' (IEW: 482).
O CAÍNZO (Riobarba, San Román)
Un caínzo ou canizo designa unnha armazón ou tecido de varas, en particular de canas. Constantino García resume as múltiplas acepcións derivadas:
"armazón formado por unas tablas y un entretejido de cañas, varas o mimbres que tiene muchos usos: lateral del carro para sostener la carga; rastro para allanar la tierra después de arada; portilla de una finca; verja; recipiente que recibe las uvas para ser prensadas; cubierta que se coloca al comienzo de la campana de la chimenea y sirve para secar castañas y otros productos; cubierta sostenida por unos palos que hace el servicio de alpendre, etc".
Rivas Quintas recolleu ademais a acepción de "Canaval" (lugar onde abundan as canas ou canaveiras), que pode ser a motivación de parte destes topónimos.
Un "caínzo", na toponimia galega, é un termo frecuente que pode referir a algunha construción ou armazón (talvez unha pesqueira no río) feita de canas ou vimbes. Tamén podemos pensar nun terreo cerrado de vimbes ou canas, nunha trampa feita de canas, ou incluso nunha cancela feita de tales materiais. Tamén encaixa unha adxectivación, de "terreo canizo", onde abundan as canas, tal como recolleu Rivas Quintas.
Por outro lado, seguindo a Navaza, encaixaría noutros topónimos tamén a a acepción de "Pesqueira" da voz "cañizo" (semella castelanismo) recollida por Eladio Rodriguez no seu dicionario.
AS CACHEIRAS (San Román)
O nome "cacheiro" ten varias acepcións:
Podería estar relacionado con "terreo de mato, de monte, que se roza e queima para sementar trigo ou centeo". Di Sarmiento:
Cachar significa rozar y quemar un terreno lleno de matorrales para sembrar en él centeno o trigo. Cachada es esa heredad y cacheira un terreno muy espacioso para el mismo fin.
No entanto,
queda a dúbida porque, dada a situación dos dous topónimos do concello, en terreos chans, sen estaren próximos a monte, non parece axeitada.
Outra acepción rexistrada sería a que se usa actualmente en Dodro: "leira pequena traballada e coidada preto das aldeas".
Hai "Cacheiro" en varios lugares do concello limítrofe de Viveiro, e no concello de Mañón existe o toponimo "As Cachizas", que podería estar relacionado.
O CACHÓN (Riobarba)
A Rega do CACHÓN (Riobarba)
O apelativo "cachón" é sinónimo de "fervenza","cascada".
A CACHOPA (San Román)
AS CACHOPAS (As Negradas)
O topónimo "cachopa" é moi abondante en Galiza. O dicionario define "cachopa" como "toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado".
Tamén se acostuma aplicar esta palabra, segundo o dicionario, ás amas de casa.
O CADAVAL (en todas as parroquias)
Lugar onde abundan os cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé". Cf. DdD.
AS CALEIRAS (As Negradas)
Indica un "lugar onde se extrae a cal, ou forno onde se queima a cal". Cf. DdD.
Aínda que o apelativo "caleira tamén corresponde co nome dunha planta, é improbable que sexa esta a interpretación correcta, sería estraño tal frecuencia de topónimos referidos ao nome dunha planta sen uso especialmente relevante. Aínda máis sendo o nome en singular, referindo por tanto á presenza dunha única planta.
O CALLEIRO (Suegos)
O apelativo "calleiro" está rexistrado no dicionario como "callo", "cerebro", e tamén "canle profunda que fan as augas" (cf. DdD). No entanto, neste caso "Calleiro" pode ter a orixe no celta calio 'pedra', a mesma que tén "callau" (< *calyavo), e indicaría abundancia de callaus neste rego.
Cabeza Quiles recolle "Calleira", "Callau", Callobre e Callón, asignándolles esta orixe celta. Cf. F. Cabeza, "A toponimia celta de Galicia". 2014.
A CALVA (San Román)
AS CALVELAS (San Román, Riobarba)
O CALVO (Suegos),
Tanto "calva" como "calvo" como "calvelo", calvela e calveira refiren metaforicamente a un lugar sen vexetación arbórea ou arbustiva.

O CALVARIO (Mosende, Riobarba)
Referido á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis.
O CAMPELO (San Román)
O dicionario de Aguirre del Río recolle "campelo" coa acepción de "prado pequeno" (cf. L. Aguirre, 1858. "Diccionario del dialecto gallego").
Esta especialización do nome, xa non visto como puro diminutivo de campo, queda patente na toponimia con lugares como Campelín (Foz), cuxo diminutivo adicional -ín semella mostrar que "campelo" xa non era percibido como diminutivo.
O CAMPO (varios)
Aínda que o significado semella transparente, “superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo” e “terreo que non se dedica ao cultivo, no que nace herba” (RAG).

Con todo, orixinariamente, o nome "campo" (do latín campu) aludía a un “terreo extenso fóra do poboado” (cf. DCECH).
Outras veces, estes topónimos remiten a espazos centrais dunha poboación, nos cales se celebran eventos comunais, tales como festas e feiras.
O CAMPO DA AIROÁ (Suegos)
Para o termo Campo, ver "O CAMPO". Para o termo "Airoá", ver "A CRUZ DA AIROÁ".
O CAMPO DO CASEIRO (Riobarba)
Para o termo Campo, ver "O CAMPO".
Para o termo Campo, ver "O CAMPO". Para o termo "Airoá", ver "A CRUZ DA AIROÁ".
O CAMPO DO CASEIRO (Riobarba)
Para o termo Campo, ver "O CAMPO".
ver "O CASEIRO".
O CAMPO VELLO (Mosende -lugar do Folgueiro)
Para o termo Campo, ver "O CAMPO".
O CAMPÓN (As Negradas, Mosende, Riobarba, San Román)
OS CAMPÓS (As Negradas)
Prado de secaño de moita extensión. Cf. aquí.
A CAMPOSA (Suegos, San Román)
O termo "camposa" indica un campo grande e chan (cf. DdD).
A CANA DA INSUA (As Negradas)
Remite a unha canle natural pola que discorre o río, cando a ría está seca, na baixamar. Neste caso "cana", como case sempre no feminino, é aumentativo de "cano" = o suco que se fai co sacho para regar.
O CANAVAL (Riobarba, Suegos)

O CANAVADEIRO (Riobarba)
As CANAVEIRAS (O Vicedo)
Estes topónimos remiten a lugares nos que abundan/abundaron as canaveiras.
Estes topónimos remiten a lugares nos que abundan/abundaron as canaveiras.
A forma "canavadeiro" é unha forma popular por "canavedeiro", forma infrecuente a partir do abundancial "canavedo" xunto cun segundo sufixo -eiro, tamén con función abundancial.
En Cabanas atópase un núcleo de poboación de nome relacionado: "A ESCANAVADA, que remite a un lugar ao que se lle extraíu a súa vexetación de canaveiras.
CANDAMILA (Riobarba)
Probablemente indicando finca dun propietario apelidado "Candamil". Este apelido é pouco frecuente, e encóntrase maiormente no veciño concello de Mañón, polo que a estirpe dese antigo propietario poidera provir dalgún lugar dese concello.
Podería ser referido, en lugar de apelido, a un alcume, indicando a procedencia do propietario dun lugar chamado Candamil, como por exemplo o existente no concello de Xermade.
A orixe do apelido Candamil vén do topónimo, e este, tal como indicamos no blog de Xermade, a partir de Kindamiri, forma en xenitivo do antropónimo Kindamirus, nome de orixe xermánica.

AS CANDORCAS (San Román)
Este topónimo é relativamente frecuente en Galiza, así atopámolo e.g. en Chavín.
O termo "Candorca" probablemente derive de "cand-" + "orca".
O termo "cando", segundo G. Navaza, designa en xeral "póla seca", "vara para alumar", "pau queimado"(cf. aquí). Abondan os topónimos "Candaedo" e similares.
Parece derivar dunha raíz indoeuropea *(s)kand- 'resplandecer, brillar', como no lat. candeo "brillar", "arder". Partindo desta raíz, postulouse un elemento céltico *kando-, e kandanos, do que derivaría "cando".
A respecto do elemento "-orca", Gª de Diego suxeriu que podía ser un adxectivo ‘cóncavo, profundo’, que ocasionalmente adquiría valor sustantivo ‘cova, sima’. Almeida Fernandes relaciona -orca con ‘dolmen’. Cf. aquí. Cremos que, tendo en conta a súa representacion nos topónimos galegos, como "Pandorca", "Candorca", "Cavorca" (=barranco profundo), "Cañorca", "Lamborca", así como en portugueses como "Palorca", tórnase bastante probable ese significado de "sima, barranco".
En concreto, o topónimo "Candorca" parece confirmar que, na maioría destes topónimos, o primeiro elemento é adxectival, e o apelativo é orca: "cand-" tén sentido como 'brillante', e o feito de ir "-orca" en femenino, demonstra que non é sufixo ou adxectivo, pois nese caso, sendo asociada a "cando", sería **candorco.
É importante notar que, con certa seguridade pode descartarse unha orixe no apelativo "candorca" 'orca, cetáceo' e tamén 'muller grosa e suxa': aínda que nun topónimo podería encaixar como alcume, é improbable se temos en conta a relativa frecuencia deste topónimo en Galiza, o cal non semella probabilisticamente aceptable se fose tal alcume. Máis improbable aínda unha vez que vemos a frecuencia dos topónimos en -orca/-orco.
A CANTEIRA (As Negradas)
Lugar de extracción de pedra. É neste caso un lugar na beiramar, onde non fican vestixios de tal extracción. Así, recollemos o relato de que foi extraída pedra para construír a antiga Ponte do Barqueiro.
O CANTO DO MURO (As Negradas, Riobarba, San Román)
O termo "canto" podería significar "esquina, saliente, ángulo, recuncho", derivado do termo latino cantu significando "ángulo", ou do céltico *kant, de significado similar.
Dese modo, este topónimo significaría "o recuncho do muro".
Esta posibilidade parece confirmarse vendo que por exemplo en Muras existe: O Canto da Vila, O Canto de Baixo. O Canto do Muro. O Canto do Prado, O cantón. É un caso similar ao do topónimo "O Recuncho", topónimo frecuente tamén en Galiza.
CAÑOTAS (As Negradas)
Unha "cañota" refire a un "castaño secular, de tronco oco, moi grande".
Outro significado, aínda presente na lingua actual, é o de "o resto de tronco de árbore ou planta que fica despois de cortala".
A CAPELA (As Negradas)
Terreo próximo a "Gocendre", para o que cremos que a orixe foi (uilla) Godesindi, (ver entrada "Gocendre"), e que houbo por tanto un lugar habitado, cunha explotación agríola. Aínda que "A Capela" non haxa restos de edificación á vista, pero dada a existencia da uilla, parece plausible que houbese unha capela. Os dous topónimos, "A Capela" e "Gocendre", semellan aclararse entre si, xa que logo.
O termo capela vén do latín CAPELLA 'capa pequena', e tomou este nome polo oratorio construído no século V, en Tours, onde se gardaban as reliquias dun pedazo da capa do bispo San Martiño.
O CAPELUDO (Suegos)
Está atestado o rego deste nome no Catastro de Ensenada para Suegos (1753), ao establecer os límites coa freguesía de Mosende:
.. "seguira por el riego de Filgueyral hasta el que nombran do Capeludo" ...
Os dicionarios rexistran para "capeludo" a acepción de "con forma de capucha, parecido á capela dos frades" (cf. X. L. Franco (1972). "Diccionario galego-castelán").
O Nomenclator rexistra cinco "Capeludo(s)", todos eles no curuto de monte ou preto de, excepto dous referidos a petóns costeiros.
Os varios "Capelada" que atopamos na xeografía galega tamén terían igual significado.

É interesante reparar en que este uso metafórico non se dá soamente na toponimia galega: no centro de Italia atópase una "Serra Cappella", cuxa motivación é igualmente interpretada "nella forma tondeggiante del monte" ("forma redondeada do monte", cf. Davide Boccia, 2017. "La Toponomastica dell'Alta Val di Sangro").
O CARBALLO DA GALIÑA (As Negradas)
Os topónimos "Galo", "Galiña" ou "Galiñeiro" non encaixan na maoiría dos casos co seu significado obvio, correspondendo moitas veces con formacións rochosas. Proviría máis ben do tema prerromano *kal(l)- 'rocha'. Ver "A Pena da Cataverna" >> aquí para máis detalles.
Alternativamente, Cabeza Quiles vincula os topónimos "Galiñeiro" e "Galiña" con formacións rochosas que lembren a cresta deses animais ou fainos derivar tamén da raíz prerromana indicada. Porén, en moitos dos casos non se dan tais formacións rochosas, tal como acontece con este "Carballo da galiña", aínda que si tén rochas para corresponder coa hipótese indicada de *kal-.
OS CARBALLÁS (Riobarba, Mosende)
Un "carballal" fai referencia un lugar poboado de carballos.
O apelativo "carballo" é de orixe prerromana. O correspondente termo en latín robur non perdurou no galego, excepto na toponimia, na que si se conserva a forma "reboredo", co mesmo significado que "carballeda" e "carballal".
O CARDEAL (San Román)
Este topónimo debe aludir ao apelido ou alcume dun antigo propietario do lugar. De feito, o alcume Cardeal xa figura rexistrado como capeyron no séc. XII (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Tamén podería remitir a "cardal", lugar onde abundan os cardos.
CAROCEIRO (Cabanas, Mosende, As Negradas)
Pese a parecer unha etimoloxía simple (adxetivo referido a "carozas"), non é este o caso de Cabanas: Xabier Moure recólleo mencionado como "Carruceiro" no Cadastro de Ensenada, no que cuantifícan os ferrados de millo que recollían nel. Cf. aquí.
Remitiría, portanto, á árbore que Sarmiento recolle con este nome, unha clase de maciñeira selvaxe, cun froito ao que chaman "carozos". Cf. aquí.
Tería evolucionado de "carruceiro" para "caroceiro" por etimoloxía popular, pois o termo "caroza" é común nesta zona, referido á parte dura que encerra o froito do piñeiro. As carozas eran usadas para facer o lume, pola sua boa combustión.
CAROCEIRO (Cabanas, Mosende, As Negradas)
Pese a parecer unha etimoloxía simple (adxetivo referido a "carozas"), non é este o caso de Cabanas: Xabier Moure recólleo mencionado como "Carruceiro" no Cadastro de Ensenada, no que cuantifícan os ferrados de millo que recollían nel. Cf. aquí.
O lugar de Mosende deste nome tamén está atestado como "Carruceiro" no Catastro de Ensenada para Mosende (1753), ao establecer os muíños existentes:
.. " al sitio de Carruceiro" ...
Tería evolucionado de "carruceiro" para "caroceiro" por etimoloxía popular, pois o termo "caroza" é común nesta zona, referido á parte dura que encerra o froito do piñeiro. As carozas eran usadas para facer o lume, pola sua boa combustión.
Sitio onde se cardaba liño ou la, etc. Derivado de "carda" ("o acto de cardar") + sufixo -doiro. Nótese que "-doiro", de orixe latina -torium, acostuma ser indicativo de aparello ou de accion, e.g. "lavadoiro", o cal ocorre no caso de "cardar".
O CARRACEDO (San Román)
Un carracedo é un lugar onde abunda o carrizo, planta da familia das ciperáceas que medra en terreos encharcados.
O CARRANCO (Cabanas)
Aínda que os dicionarios consultados soamente indiquen para "carranco" o significado de "unha clase de paxaro" e a outra de "verme" (cf. aquí), é probable que teña unha acepción relacionada con "encosta", "ladeira", "lugar peado", similar a "barranco". Atopamos inclusive en siciliano a forma análoga carrancu 'lugar escarpado'. Derivaría da raíz prelatina *kar(r)-, "rocha, lugar pedregoso", xunto co típico sufixo -anco, tamén típico na toponimia de orixe prerromana.
Existen outros "Carranco", como por exemplo en Barreiros, Ourol, Muras ou Mañón, onde tamén atopamos "Carrancón" e "Carrancova".Hai tamén un "Carranque" en Toledo, nunha zona de talude da ribeira do río Guadarrama.
A CARREXA (Suegos)
A interpretación deste topónimo parece máis simple do que na realidade é. En principio, poderíamos pensar na acepción normal de "carrexa", sinónimo de "carrexo" que alude á "Acción e efecto de carretar" (cf. Dicionario RAG).
No entanto, a motivación do topónimo non estaría moi clara neste caso.
Alternativamente, podemos interpretalo na acepción de "pequena carreira ou carreiro", na acepción orixinaria de camiño estreito de carro. Quédanos a dúbida.
Na contorna, o Nomenclator rexistra tamén o lugar d"As Carrexas" no Vicedo e unha poboación "O Carrexo" no concello de Ortigueira (cf. Toponimia Ortigueira), que interpretamos de igual modo.
O CARRUSCO (Mosende)
De orixe e significado incerto. O elemento prerromano *carr- "pedra", existente en nomes como carracedo, carrasco, etc. Por veces é asociado co celta *karr- "escarpado" (cf. aquí).
Existe rexistrado outro "Carrusco" no Sisto (Ourol), e outro en Tramacastilla (Teruel), e un Carrusquiecho, provinte de "Carrusquezo", en Sallent (Huesca).
A CASA TELLADA (Cabanas, Suegos)
Aínda que o significado é transparente, e a motivación tamén o semella: remitiría a unha casa cuberta con tella, por contraposición ao común dese momento e lugar, que sería con lousa, ou máis ben, supoñendo que se trate dun topónimo antigo, a unha pallaza (casa con cuberta de palla).
Sería por tanto unha motivación análoga á que deu lugar ao topónimo "O Tellado", núcleo de poboación de Riobarba.
O CASAL (As Negradas)
O CASAL VELLO (Mosende)
OS CASÁS (As Negradas)
A voz "casal" deriva do latín casalem, e designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
O CASCABELLAL (As Negradas)
A súa orixe é de "cascabullal", lugar onde abunda o "cascabullo" 'cascas, escombro'. En portugués existe o cognado cascabulho, con igual significado
OS CASEIROS (Suegos)
Topónimo que alude á condición de "caseiro" que tería o dono ou alugueiro do lugar. A voz caseiro remite a unha "persoa que traballa a medias ou como alugueiro as terras dun amo, ou que coida dos bens dunha persoa ausente" (cf. DRAG).
Os caseiros eran familias que coidaban dos bens e da facenda de persoas ricas ás que lles tiñan que pagar unha parte establecida das colleitas (un medio, un terzo,...). Constituíron unha das compoñentes socioeconómicas do traballo agropecuario de Galiza ata a década de 1970.
En Galiza existían tres formas de cesión de terra: foro, alugamento e parcería.
O foro era un contrato agrario a longo prazo, orixinado na época feudal. Segundo Ramón Villares, “o réxime foral, como fórmula de cesión da terra, supoñía unha enorme estabilidade pola súa lonxevidade, e unha pluralidade de dominios e dereitos sobre a terra, sen que foreiros nin foristas se poidan catalogar de propietarios plenos.
O alugamento ou arrendamento implicaba unha cesión temporal dun ben (terras, casa, dereitos) en troques dunha renda establecida.
A parcería, da que xorde a figura do caseiro, caracterizábase pola participación de propietario e caseiro na xestión da produción e no reparto dos produtos.
Para máis detalles, ver (X. C. García Porral, "Os caseiros: unha clase social extinta no rural galego").
O nome "casilla", é un castelanismo por "caseta", "garita". Este termo foi introducido a partir do século XIX para designar as vivendas destinadas aos camiñeiros, encargados da conservación das estradas.
Construídas en todas as estradas principais, as "casillas" foron postas en funcionamento coa Real Orde de 26 de febreiro de 1852.
É un topónimo moi estendido en Galiza, e que, en moitos dos casos, tamén parece indicar a existencia dun dolmen, "forno dos mouros".
O CASÓN (Riobarba)
O CASÓN (Cabanas)
OS CASÓS (Riobarba)
Con frecuencia na toponimia, en xeral e tamén na zona, "casón" debe interpretarse como aludindo a unha "casa grande", no sentido de "casa señorial".
Con frecuencia na toponimia, en xeral e tamén na zona, "casón" debe interpretarse como aludindo a unha "casa grande", no sentido de "casa señorial".
Son bon exemplo os existentes en Riobarba, onde tres leiras chamadas Casón:
unha delas nas Mangas e outra nun monte, entre O Penascal e A Pena Grande, onde non debeu de haber residencia señorial, senón que aludirá á procedencia, do Casón das Mangas, dos propietarios do predio.
A terceira leira O Casón, enfronte de Espido e do Muro Novo, está ao pé dunha leira chamada O Coutado, ao pé de Maladas.
Para "Os Casós", plural de Casón, non é que houbese varias "casas grandes", senón que se trata da pluralización común na toponimia, de "As Leiras do Casón" pasou a "Os Casós"
O CASTELO (As Negradas)
O CASTELO GRANDE (San Román)
O CASTELO PEQUENO (San Román)
Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
O CATADOIRO (San Román)
Os CATADOIROS (San Román)
Podería ser captatoriu, quer de "observación" ou de "caza". Existen moitos "catadoiro" e "catadoira" en toda Galiza.
Podería ter orixe prelatina, para máis detalles desta interpretación alternativa, ver a entrada no blog referida a "Cataverna".
AS CAVADAS (As Negradas)

Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para As Negradas (1752), ao referir os límites da freguesía :
.. "vaxando al rriego de cavadas"...Alén do significado máis común referido a "terreo que foi cavado, xeralmente para dedicalo a cultivo", o apelativo "cavada" tén a acepción antiga de "foxo" (cf. aquí), do latín caua 'gabia, cova'.
O alemán G. Schulz, a mediados do século XIX, describía un método de cultivo que consistía nas "rozas" ou "cavadas”, usado en montes e zonas pendentes do oeste de Asturias e parte de Galicia
O alemán G. Schulz, a mediados do século XIX, describía un método de cultivo que consistía nas "rozas" ou "cavadas”, usado en montes e zonas pendentes do oeste de Asturias e parte de Galicia
“cuya cubierta vegetal se cava, seca y quema una vez cada cierto número de años, sembrando y recogiendo una cosecha de trigo, a la que sirve de abono la ceniza de la vegetación quemada”.
Sería, por tanto, un sinónimo de "rozas".
CAXIDE (As Negradas)
De *(agru/uilla) Kagiti, terras dun antigo posesor altomedieval chamado Kagitus. É un nome de orixe xermánica, composto pola prototema *kag-, de orixe visigótica, e o sufixo -ittus. Cf. p.280 de A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)".
O nome Kagitus está ben atestado na documentación altomedieval en Galiza.
Anteriormente, J. Piel derivouno de *(agru/uilla?) Gadagildi, igualmente referido ao nome de posesor medieval, que segundo esta interpretación sería Gadagildus (cf. p. 292, J. Piel "Os nomes germânicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo II).
Aínda que na actualidade este topónimo Caxide referencia un agro, sen restos coñecidos de vivenda, non se pode descartar que alí estivese unha uilla altomedieval ("granxa, expotación agricola").
As CERNADAS (San Román, As Negradas)
O termo "cernada" vén do latín (terra) cinerata 'terra queimada' (cf. DDD). Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de roza: facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal.
Di Risco:

A CERCA DO CRESPO (Riobarba)
Remite ao alcume ou apelido Crespo dun antigo posesor; de feito este apelido xa está atestado en Galiza no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
O termo "cernada" vén do latín (terra) cinerata 'terra queimada' (cf. DDD). Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de roza: facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal.
Di Risco:
"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sobe, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estivesen acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía". Vicente Risco, "Terra de Melide".
O CERCADO (As Negradas, Mosende, Riobarba, San Román)
Un "cercado" é unha finca ou terreo rodeado por parede (cf. aquí para galego e cf. aquí en portugués). Polo xeral, "cercado" ten significado similar ao de "cerca", aínda que de maior extensión.
O CHAO DO SEIXO (Riobarba, San Román)
Estes topónimos remiten a un lugar chao no que aflora un penedo de seixo. ver "O SEIXO" para máis detalles.
A CHAREGA (Riobarba)
Adxectivo caracterizador de chá. Pode aludir á orografía chá do terreo ou ben á orixe dos propietarios do predio, talvez remitindo á Terra Chá.
A CHAVE (San Román)
Probabelmente relativo á forma do terreo en "L", de feito este é o termo para caracterizar, por analoxía, esta clase de terreos. Do mesmo modo, en portugués "chave" ten tamén a acepción de

"recanto ou cotobelo que uma belga ou um terreno faz para algum dos lados" (cf. C. de Figueiredo, "Grande Dicionário da Língua Portuguesa").
Illote CHILETEIRA (O Vicedo)
Punta CHILETEIRA (O Vicedo)
Este lugares figuran recollidos con este nome nun mapa francés do 1793, e o mesmo nun mapa español de 1917 ("Plano de la Ría del Barquero". GALICIANA).
Aínda que "Chileteira" descoñecemos o significado, pode aludir á abundancia neses illotes e punta das gaivotas chamadas "chileu" (Larus ridibundu) (nome recollido por M. do Carme Ríos, 1983. "Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas", in Verba anexo 19").
CHOUSÓN DO GATO (Mosende)
Este topónimo debe aludir, máis que ao animal indicado (que podería remitir a un gato montés), ao apelido ou alcume dun antigo propietario do chousón. Isto vólvese máis probable se reparamos nos microtopónimos que hai a rentes deste, en particular AS PENAS DO GATO e A LEIRA DO GATO.
De feito, o alcume Gato xa figura rexistrado como Catus no séc. XIII,
".. Martinus Iohannis cognominato Catus.." (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Illa da COELLEIRA
Este nome de lugar é un derivado de coello, do latín cunicŭlu, co sufixo -aria (> gal. -eira), aludindo a ser un territorio con abundancia de coellos, o cal ten sentido ao tratarse dunha illa.
Este nome de lugar é un derivado de coello, do latín cunicŭlu, co sufixo -aria (> gal. -eira), aludindo a ser un territorio con abundancia de coellos, o cal ten sentido ao tratarse dunha illa.
Aínda que por veces se especulou con outras interpretacións, en base á transcrición como "Colleira", non ofrece gran dúbida, pois o apócope de Coalleira para Colleira é común na fala, igual que Coaresma > Coresma, cuarenta >corenta, etc. Esta alternancia Colleira e Cualleira dáse igualmente, por exemplo, noutra Coelleira, lugar da parroquia de Dorra (Antas de Ulla), atestada no século XIX (DGEHE) como Colleira, fronte ao microtopónimo A Cualleira de Aló na veciña freguesía de Alvidrón .
Esta illa aparece atestada primeiramente nun documento do ano 1095 do Arquivo da Catedral de Mondoñedo como Quonicularia: “in locum Quonicularia intus mare et face Saure”, ou sexa, “no lugar da Coelleira, no mar e na foz do Sor”.
Volve a aparecer no ano 1552 como Qualleira (léase "Cualleira"), no arquivo do Cabildo de Mondoñedo, cando o Cabildo nomea tres persoas para adecentar o mosteiro que alí había (cf. Federico Maciñeira, 1943. GALICIANA).
O CONCELLO (Suegos)
Nestes terreos puido estar o antigo lugar para concello ou reunión. Lembremos que Suegos foi un concello independente.
CONCETE (As Negradas)
Fonte de CONCETE (As Negradas)
Probablemente forma derivada de "coucete", diminutivo de "couce" (no sentido de "desnivel en forma semicircular, semellando o "talón" do pé).
Esta nasalización do ditongo decrecente non é caso infrecuente no galego en xeral, nin nesta zona en particular, na que atopamos exemplos como "panferra" por "pauferro", ou "Franxo" por "Fraixo" ou "esquencer" (<*escaecer<lat. vulgar *excadecere).
A CORTIÑA (varias)
Do latín tardío cohors ‘sitio cerrado’ derivou cohortina ‘cortiña’ (así como cohorticulum ‘cortello’).
As cortiñas son leiras, que orixinariamente estaban pechadas, situadas preto da aldea, eidos ben traballados e estercados nos que se plantan legumes e hortalizas.
OS CORTIZÓS (As Negradas)
O termo "cortizó" é a forma diminutiva de "cortizo". Os dicionarios de galego definen "cortizo" como sinónimo de "colmea".

A CONGOSTRA (As Negradas, Riobarba, San Román)
Na toponimia galega abundan as "congostras", camiños angostos, entre valados ou ribazos, escavados no terreo, e estreitos, para paso de xente ou carros. Pode ser sinónimo de "corga". A palabra vén do latín congusta, "estreita".
Os CORGOS (As Negradas, Suegos, O Vicedo)
Punta do CORGO ESCURO (O Vicedo)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Tén ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño".Cf. DdD.
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
A CORRIOLA, A CURRIOLA (As Negradas)
Podería derivar de corrugola, diminutivo do termo latino hispánico corruga, que deu en galego "corga" 'camiño de carro profundo, congostra'. Esta hipótese, aínda que non atopemos esta acepción para "correola" en ningún dicionario, parece confirmarse ao comprobar que este topónimo encóntrase nun lugar onde existe unha corga moi profunda.
A evolución fonética é igualmente probable que no caso da planta "correola", que deriva do latín corregiola 'correíña', pola forma das follas. A conservación do sufixo -ola fronte á evolución a -oa non é estraña (candiola, eixola, galiñola, etc).
Como obxeción a esta interpretación, sería que non está atestada nin en galego nin portugués, pois os dicionarios soamente inclúen para "correola, corriola" acepcións relativas a plantas. Porén, parece estraño o uso como topónimo dun apelativo referido a unha planta de baixa importancia e baixo uso agrícola ou gandeiro. Tampouco encaixa como un topónimo anecdótico, pois é frecuente demais para ser anecdótico: atopamos outras dúas "Correola", en Ribadumia e Catoira, así como unha "As Correolas" en Celanova.
Tendo en conta todo o anterior, cremos plausible a acepción de "corga", a única que ofrece un sentido claro nun contexto toponímico.

A CORVA (O Vicedo)
Este topónimo debe remitir ao alcume dun antigo posesor ou fundador do lugar.
O alcume Corva xa se rexistra na Idade Media:
".. illius domus, quae est iuxta domum Lupi Petri cognomento Corua , et .." 1199. Cf. Codolga
".. Ego predicta Maria Iohannis, co[g]nomento Corva , " 1226
".. Assignauit Maria Iohannis de Pomerio dicta Corua" 1289
Por outro lado, dado que tamén existe o apelativo "corva", como "parte da perna oposta ao xoenllo", podemos interpretala altermativamente como aludindo á súa situación inmediatamnte despois da curva pechada do camiño.
A COSTELA (Riobarba)
As COSTELAS (Riobarba)
O termo "costela" é un antigo diminutivo da palabra costa. Este diminutivo -ela, derivado do latín –ĕlla (feminino de –ĕllu), foi totalmente substituído en galego polo sufixo –iña, comezando xa esta substitución na Idade Media. Polo tanto, estes topónimos deben ter unha orixe medieval ou anterior, sendo en xeral anteriores aos correspondentes "Costiña".
O COTELO (varios)
O COTILLÓN (varios)
Formas en diminutivo de "Coto". Ver "O COTO".
O COTO (varios)
O COTÓN (varios)
O termo "coto" indica a "parte máis alta dun monte ou dun outeiro". Deriva dun elemento prerromano *cott- 'prominencia, altura rochosa'.
O COTO da MOTA (San Román)O COTILLÓN (varios)
Formas en diminutivo de "Coto". Ver "O COTO".
O COTO (varios)
O COTÓN (varios)
O termo "coto" indica a "parte máis alta dun monte ou dun outeiro". Deriva dun elemento prerromano *cott- 'prominencia, altura rochosa'.
Ver "As Motas". O interesante neste caso é que tanto "coto" como "mota" refiren ao mesmo significado. O máis probable é que orixinariamente fose "A Mota", e cando se o nome "mota" deixou de asociárselle o significado de "pequeno coto", foille engadido "o coto" para volver a ter o significado orixinario.
O COTOLUDO (Riobarba)
Posiblemente de "coteludo", lugar prominente, que se eleva sobre o que ten arredor (cf. aquí). É un termo derivado de "cotelo", antigo diminutivo de "coto", voz de orixe prerromana.
A COTORRA (As Negradas)
Derivado de "coto", co sufixo -orra, -urra, de orixe prerromana. Ver "O COTO".
E. Rivas rexistra o significado concreto de "cotorra" como "outeiro, colina". Na zona das Médulas (León), de fala galega, aínda se usa a voz "cotorro", co significado de "outeiro de escasa elevación sobre o que o rodea" (cf. aquí).
Rexístranse en toda Galiza, así en Covas (Viveiro) "O Coturro", en Bares "A Cotorroia", etc.
O COUCE (As Negradas, Riobarba)
Os COUCES (San Román)
Esta palabra ten múltiples acepcións. Nestes casos viría de calce 'calcañar', e designa por analoxía un "sitio de forma semicircular que remata en terraplén ou baixada pronunciada".
Tamen Rivas Quintas indica que o topónimo couce aparece con frecuencia cun sentido topográfico de ‘fondal’, “base de monte” (cf. E. Rivas, "Lingua galega, historia e fenomenoloxía". 1989).
O COUTADO (Riobarba)
O dicionario define "coutado" como "terreo cercado" (cf. DdD).
Alternativamente, podemos interpretalo como en referencia ao apelido dun antigo posesor. O apelido Coutado xa figura atestado en Galiza no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Semella provir dun xentilicio, así poderíamos pensar en "O Cabarqués", lugar dun propietario orixinario de Cabarca ou Cabarco.
A evolución fonética cabarqués > cobarqués é común no galego, o peche de vogal diante de labial (semana >somana).
O lugar "Cabarco(s) de procedencia do posesor é incerto, podería ser da freguesía de "Cabarcos" en Barreiros, aínda que é unha especulación. Hai moitas outras, como "Cabarca" en Ribas do Sil.
A COVELA (Riobarba)
O termo "covela", orixinariamente derivado como diminutivo de "cova", designa un "pequeno vale cóncavo formado na converxencia de dúas encostas peadas de monte". É, por tanto, un termo similar a "cale" ou "cal".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
O COVELO (As Negradas)
Os COVELOS (Mosende, Riobarba)
Covelo significa ‘pequeno lugar cóncavo ou fondo; un pequeno fondón do terreo’, diminutivo do adxectivo "covo" ‘cóncavo, profundo’.
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
O termo "croa" ven de "coroa", cima de monte redondeada, frecuentemente correspondendo coa parte alta dun castro.
A CRUZ DA AIROÁ (As Negradas, O Vicedo, San Román)
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para Sto. Estevo de Vale (1752), ao referir os límites da freguesía coa das Negradas:
.. "y de allí a la cruz de Iroa por la parte del sur y al campo de Bufadoiro y baja al sitio de la mexilloeira"...
Igualmente figura no correspondente para as Negradas (1752) como "Marco de Eiroa" (o til non é significativo, non acostumaban polos).
O lugar queda nunha chaeira no curuto dunha montaña, e efectivamente localízase nel unha cruz. Marca o límite entre as parroquias das Negradas, do Vicedo e de San Román. Existe tamén "O Campo da Airoá" en Suegos.
O topónimo probablemente remitirá ao apelido Eiroá do que labrou a cruz, ou a ser oriúndo do lugar d' A EIROÁ do Vicedo.
O termo "Airoá" procedería dun *ārĕŏla, diminutivo a partir do latín ārĕa 'área, superficie; lugar chan; solar', o cal deu no galego "aira" e "eira" 'lugar chan, próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.’ (cf. DRAG). Esa orixe foi atribuída xa por Sarmiento, e máis contemporaneamente por Moralejo Lasso (cf. A. Moralejo, "Toponimia gallega y leonesa". 1977), Cabeza Quiles e outros.
Este topónimo é importante no estudo dialectolóxico do galego, por presentar unha terminación "-oá" nunha zona que, na actualidade, presenta o hiato "-oa" para a terminación diminutiva latina -ola. Ver A EIROÁ para máis detalles.
Os CUARTOS (Riobarba)
Monte dos CUARTOS (Mosende)
Posiblemente derivado dunha partilla de finca efectuada a cuartos. Ver "Cartas".
As CUBELAS (As Negradas, Riobarba)
De "Covelas", diminutivo de "cova", ben no sentido de "furada", ben no sentido de escavación ou sepultura.
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
Monte dos CUARTOS (Mosende)
Posiblemente derivado dunha partilla de finca efectuada a cuartos. Ver "Cartas".
As CUBELAS (As Negradas, Riobarba)
De "Covelas", diminutivo de "cova", ben no sentido de "furada", ben no sentido de escavación ou sepultura.
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
Forma derivada de "cocho" 'porco', "mamífero da familia dos súidos". Debe remitir a goridas de cochos bravos.
A forma cucharego inclúe o sufixo -ego, de orixe prerromana, presente en moitos outros topónimos, do mesmo modo que "lamego" de lama, "Navego" de navia, "Balsego" de balsa, Pallarega de palla etc.
Este topónimo debeu ter vitalidade como apelativo, pois está rexistrado na maioría dos concellos da comarca, tanto no Ortegal como na Mariña, coherentemente co feito de ser 'cocho' a voz máis común para se referir ao "porco".
É de notar que estes topónimos non teñen relación coa acepción que dá o dicionario de Carré Alvarellos, como “leira pequena dedicada a leña ou a prado”, pois non parece que teña tido tanta vitalidade na fala de toda a comarca para quedar só como topónimo.
É interesante reparar que, mentres na maioría dos casos se perdeu a forma -u- fronte a -o- nas -o- pretónicas etimolóxicas, neste topónimo preservouse maioritariamente na gran maioría dos topónimos, probablemente polo influxo do castelán "cuchara".
O CUCHEIRO (Riobarba)
OS CUCHEIROS (As Negradas)
Podería ser "terreo que forma unha depresión, un currucho". Rexistrase "cocheiro" (de "cocho" 'furada') con este significado na provincia de Lugo. O paso de cocheiro>cucheiro responde a un peche do primeiro "o", común no galego na presenza dun ditongo posterior "ei" (igual que ocorre co "e" por exemplo en regueiro>rigueiro).
Tamén pode ser un abundancial de "cocho", no mesmo sentido que "cocharego", lugar frecuentado polos porcos bravos.
As CUÍÑAS (As Negradas)
Tamén pode ser un abundancial de "cocho", no mesmo sentido que "cocharego", lugar frecuentado polos porcos bravos.
As CUÍÑAS (As Negradas)
Hai controversia na interpretación dos abundantes topónimos galegos "Cuíña", que comparten orixe etimolóxica cos Cuña e os seus equivalentes portugueses Cunha.
No caso destas Cuíñas, situadas preto do lugar do Morgallón, non semella que remitan a unha orografía específica, pois quedan nun lugar relativamente chan.
Por unha banda, autores do prestixio de Martínez Lema interprétana como correspondente co apelativo "cuíña" 'pequena elevación do terreo'. Eladio Rodríguez recolle este significado como forma aínda viva en Abadín e Parga, definíndoa como "colina", e Constantino García tamén o rexistrou en Laxe, co significado "lomba" (cf. DdD).
Aínda que se podería pensar na voz patrimonial equivalente a "colina 'outeiro', a voz colina co sentido orográfico trátase dun italianismo introducido no séc. XVII (cf. Corominas, DCECH). Ademais, se viñese do latín collis/collina daría **coliña, non coíña/cuíña.
Por outra banda, se derivan da forma medieval "colina" (tal como figura atestado no caso dunha Uilla Colina), os rexistros medievais non parecen remitir a colinas orográficas senón a elementos moito máis definidos e delimitados na paisaxe (cf. CODOLGA):
(800) - Floriano,DiplomáticaAstur (800):" .. et vadit ad illo pino, deinde ad colina et vadit ad via Angustina .."Floriano,DiplomáticaAstur (831):" .. seneras uel quidquid ibidem est; et ad Bellenia colina et horreum, binia de Armentari ..."Andrade,CelanovaTbo (885):[...] integra vinea, pumares, ceresales, perales, ipsa colina medietate, et de ipso lagare de tercia medietate integra [...]SáezE,CelanovaCD (935):[...] , et alia uinea que comparauimus de Tano, et colina integra, et de alias mazanarias et ceresales [...]Andrade,Celanova (1009):[...] vinea ad casa de Gundemaro, levat se de illa colina et vai per succo de Daniel [...]Lucas,SamosTbo (1026):[...] suo germano Stevano et de sua suprina pumare super illa colina ; [...]Lucas,SamosTbo (1052) :[...] et que vendivit domno Fredenandiz ad illa colina sua tercia in illo ortale [...]Andrade,CelanovaTbo (1075):[...] integra in vineas, in pumares, ceresales, ipsa colina media et ipso lagare de tercia medietate [...]
Esta interpretación tampouco encaixa para o topónimo O Cuiñal (Celanova, Ou), pois un abundancial de outeiros non tería sentido. Tampouco encaixaría para A Cuiñeira Grande (O Grove, Po) por razóns similares.
Nicandro Ares interpretou os topónimos "Cuíña" como talvez 'lugar de coios ou de coles'.
A CURRIPA VELLA (Riobarba)
Unha "curripa" designa un "lugar onde se recollen as castañas nos soutos".
Detalla Krüger:
"En extensas comarcas de Asturias y Galicia, las castañas reunidas en los castañares suelen conservarse durante algunas semanas almacenadas en pequeños cercados de piedra a fin de que se ablanden las púas y los tegumentos exteriores. Estos cercados de castañas están al aire libre, en los mismos bosques. Son más pequeños y más bajos que las colmenas (aproximadamente de 1 m. de alto), pero tienen exactamente la misma forma circular (cf. F. Krüger, "Las Brañas").
O profesor Navaza recolleu a explicación que sobre o seu uso en Ourovello:
«Os orizos botábanse nas curripas sen abrir. Nelas, coa humidade, apodrecían os o rizos, e ó apodreceren formaban un líquido que conservaba as castañas, que non apodrecían nin as atacaban os vermes. Cando os orizos xa estaban podres, a xente petelaba as castañas nas curripas e recollíaas. Esas castañas estaban refeitas e sás. Así o recordaban os meus pais. Máis adiante, coa peste da tinta, ó haber menos castiñeiros e menos produción, os orizos botábanse na aira de mallar e logo, durante o outono e o inverno, ían petelándose segundo fixese falla. Se o outono era moi seco, á peteleira botábaselle auga para que apodrecesen os orizos coa humidade...».
A CURUXA (Suegos)
Probabelmente que este topónimo faga referencia ao apelido dun antigo posesor. O apelido Coruxo xa figura atestado en Galiza no século XV (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Aludiría por tanto a "a (terra) do Curuxo" > "A (terra) Curuxa". É un uso adxectival-posesivo, típico da toponimia galega.
Tampouco se pode descartar totalmente que derive do tema prelatino *kor-/*kar "monte, altura". Cabeza Quiles deriva estes topónimos do tema prerromano *kar- 'pedra, zona rochosa' (cf. F. Cabeza "Os nomes de lugar", 1992).
O Nomenclator rexistra nesta zona outro Coruxos No Viveiró (Muras), en Moucide (O Valadouro) e O Curuxo en Ortigueira e Os Curuxos en Mañón.
Camiño da CURUXEIRA (San Román)
Unha "curuxeira" designa, metafóricamente, un "lugar en sitio elevado e con penascos". Cf. aquí.
A CUTURRA (As Negradas)
Unha "curuxeira" designa, metafóricamente, un "lugar en sitio elevado e con penascos". Cf. aquí.
A CUTURRA (As Negradas)
Derivado de "coto", co sufixo -urra. Ver "A COTORRA".
A DEVESA (varias)
O DEVESO (Cabanas)
Do latín terra defensa 'terra resguardada, vedada'. Significa "terras cercadas", xeralmente un terreo arborado acoutado con certas restricións e normalmente destinado a pasto do gando.
Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, pertencentes ao rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc).
O EITO (varios, Riobarba)
Un "eito" é cada anaco en que se divide un terreo para traballalo. É partillado en sucos nun labradío, en canto que nun prado ou monte son os anacos que quedan cando se sega a herba ou cortan os toxos ao ir e volver, ata concluir. Cf. aquí.
O EITO DA PINGUELA (Riobarba)
Para o termo "eito", ver "O Eito". Canto ao termo "pinguela", indica un "fío de auga que mana dunha rocha", e tamén "Cano por onde verte auga unha fonte". Deriva de "pingar", "caer a auga ou o líquido".
O EITO DO CANEIRO (As Negradas)
Para o termo "eito", ver "O Eito".
Canto ao apelativo caneiro, remite a un "cano", unha canle, en particular as cales axeitadas para a pesca.
Os "caneiros" xa foron definidos por Sarmiento como "Los canales de los ríos para la pesca" (M. Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega").
O dicionario de (M. Valladares (1884): Diccionario gallego-castellano") dalle un sentido máis específico, que talvez fose o caso: "Canal de pesca, compuesto ordinariamente de dos muros, ó estacadas, llamados guiares : muros, ó estacadas, que desde las opuestas orillas de un rio convergen en determinado punto del mismo, formando angulo, en cuyo vértice hay uno ó mas boquetes, para colocar las redes que son á manera de manga y destinadas por lo regular, á coger anguilas.
A ENCRUCELADA (Suegos)
Topónimo transparente, sinónimo de "Encrucillada" e de "Crucelada", e que alude a un cruce ou confluenza de camiños.
Os cruces de camiños tiñan gran carga simbólica, mítica e relixiosa, xa desde os romanos polo menos. Neles enterraban aos que morrían sen batizar, e neles detíñanse os enterros para rezar.
Nas encrucilladas tiñan tamén lugar ritos máxico-relixiosos como os de colocar pucheiros, con moedas ou con outros obxectos. Semella tamén que se daban neles rituais de fecundación ou a cura do "ollo-mao".
Canto ao topónimo, segundo o Nomenclator de Galiza, a variante "Encrucelada" dáse maiormente na área Mindoniense, maiormente no oeste desta área, de Ferrol ata Cervo. Non é, con todo, exclusivo desta área, así por exemplo recólleo Xabier Moure no Concello de Pedrafita.

A ERMIDA (As Negradas)
O dicionario da RAG define ermida como ‘igrexa pequena, situada xeralmente lonxe ou fóra dun núcleo de poboación, onde se venera un santo ou unha reliquia’.
Nestas terras chamadas A Ermida, no lugar de San Roque, estivo situada antigamente a capela de Santa Mariña, o cal explica, xa que logo, este microtopónimo.
ESCOURIDO (Mosende)
O mesmo que "escouredo", terreo onde abunda a "escoura" (pedra de cor do ferro, ou "residuo de carbón e ferro"), e tamén, por extensión, "terreo malo e improdutivo pola abundancia de pedras" (cf. "escouredo").
É un topónimo frecuente en Galiza. Outros "Escourido" na contorna temos por ex. en Covas.
O ESPIDO (Riobarba)
O termo "espido" designa un lugar no que abundan os espiños. Tería evoluído do latín spinitu > *espiido > Espido. De feito, perviven varios topónimos "Espindo", dous deles en Foircarei, varios en Portugal, etc.
En Galicia o Nomenclator rexistra varios topónimos "Espido": en Alfoz, en Curtis (A Coruña), en Monforte, en Meira, etc.
Aínda que máis improbable, podemos pensar nunha orixe alternativa sería a referencia a "terreo espido", a terra pouco fértil e sen cultivos. Incluso nunha orixe no alcume dun antigo posesor.
O ESTALLO (Riobarba)
Un "estallo", posiblemente relacionado con "estalla", probabelmente derivados de "tallo", e cun significado de "lucha", "pequena partición de terra". Esta forma en masculino indicaría un menor tamaño que a "estalla".
A ESTIVADA (Mosende, O Vicedo)
O ESTIBADO (Cabanas)
Xa Sarmiento indicou que unha estivada era “labor que consiste en rozar o monte, queimar a broza cortada, arar a terra e sementala de trigo ou centeo”.
Concretamente, o termo "estivada" ten varias acepcións, relacionadas coas antigas "rozas":
- O mesmo que "roza", operación de cavar un trozo de monte ou terreo inculto, xuntando a broza e facendo borralleiras para despois sementar trigo ou centeo.
- Terra na que foi feita unha roza despois de extender as borrallas desta.
- Peche dunha herdade con terróns.
rma culta, retomada do latín.
ESTOXAS, AS (Cabanas)
Aínda que os dicionarios de galego non recollen "estoxar" coa acepción de "quitar o toxo", cremos plausible interpretar como un derivado de toxo, co prefixo ex-, indicando aquí unha acción de extracción. Aludiría por tanto a unha finca que foi gañada ao monte. Mentres que en Ourol o Nomenclator rexistra unha "A Estoxada", aquí está noutra forma, pero seria o mesmo sentido, igual que temos esfollada e esfolla.
Lugar onde abundan os érbedos ou esbedros (Arbutus unedo), árbore que dá un froito usado para aromatizar licores a base de augardentes e para preparar marmelada.
Hai outro "Esvedral" nas Ribeiras do Sor e "esvidral" en Galdo e en Vieiro.
AS FALCAS (As Negradas)
Unha "falca" defínea o dicionario como "Toro de madeira tronzado para serrar". Cf. DdD.
O Nomenclator rexistra un "A Falca" en Burgás (Xermade).
Na Idade Media indicaba unha cima elevada na que se prendían fogueiras para se comunicaren. O nome deriva do latín pharus, do grego Φαρος.
Sarmiento clarificaba semanticamente a diferencia con "facho", sinalando que "facho" era aplicado en Galicia
"a las eminencias en donde, para avisar de la venida de los enemigos, se encienden hogueras; .... Si en ellas hay farol continuo para guiar a los marineros, se llaman "faros", y si sólo para hogueras "fachos". A veces se toma uno por otro. ".
O FEAL (Riobarba)
Os FEÁS (Riobarba)
Un "feal" indica un herbal, un terreo que produce "feo" (cf. DdD), herba para forraxe, por veces o silvestre (Deschampsia flexuosa).
Por extensión, “feal” indicaría “prado que se sega”. Así, na documentación medieval atopamos exemplos como:
“ ... e deuesas e feaes e cortes e cortiñas, ...” (LUCAS, 1991:428).
A FEXOA, A FIXOA, As FIXOAS (As Negradas)
Provén de "foxoa", aumentativo de "foxa", do latín medieval fogia, do latín clásico fovea.
Semella máis probable unha orixe na forma con aumentativo *fogiona e non en *fogiola, pois a pronuncia do segundo "o" é pechada, o cal non sería o caso nesta zona se derivase do diminutivo fogiola.
A evolución foxoa > fixoa está rexistrada no caso doutros topónimos (así atopamos "Tixoso" no Vicedo) e non ten nada de particular, tratándose dunha palatalización de vocais átonas en posición pretónica, tal como aconteceu con folloa>filloa (cf. P. Martínez Lema aquí).
O apelativo "foxo" (en portugués fojo) designa un furado grande no chan. Aínda que por veces eran trampas para alimarias, non o cremos neste caso, dada a orografía chá do terreo. Remite, por tanto neste caso, simplemente á ribada (desnivel) existente, pola cal efectivamente pasaba unha congostra.
Os "foxos" feitos para a caza de lobos e outras alimarias eran de responsabilidade comunal. Nun documento de 1623 o Corrixidor asinaba unha orde de prender a Xoan Martínez, veciño de San Pantaión e Luís Dapena, labrador de Riobarba, por non acudiren a pechar o foxo. Os veciños tiñan o labor
"desde muchos siglos a esta parte, el remontar, correr y exterminar los muchos osos, lobos, jabalíes y otras fieras igualmente nocivas que se propagan en las montañas de aquella inmediación para impedir los estragos que solían causar no solo en los sembrados, sino en los ganados y poblaciones” (Torrente; 1999) (Cf. aquí)
A FONTAÍÑA (As Negradas, Suegos)
O pertencente a Suegos xa aparece atestado como "Fontaiña" no 1545 nun "apeo" do Mosteiro da Coalleira (cf. E. Cal, 1983. "El monasterio de san Miguel de la isla de la Colleira").
O topónimo remite a unha fontela, fonte de escaso caudal. A voz "fontaíña" é o diminutivo de "fontá".
É un topónimo relativamente frecuente, así o Nomenclator rexistra por exemplo Fonteíña (e tamén Fontenla, Fontela) no veciño concello de Mañon.FONTE da BITORNA (Mosende)
O termo "bitorna" posiblemente sexa composto de "torna", con "torna" no sentido de "espita", 'caño'. Hai varias "fonte da bitorna" que parecen encaixar e confirmar este significado.
Os topónimos "Torna", "Torno" e "Retorno" son de orixe prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada específica de blog Pena da Cataverna para máis detalles.
FONTE de PAZ (As Negradas)
Esta fonte, situada no Lugar de Marcos, debe aludor ao nome do posesor do lugar, Marcos Paz, que atopamos no Catastro de Ensenada. Un século máis tarde, no censo electoral de 1879, figura atestado un Francisco Paz, no censo de votantes na Gatariza, que debe ser descendente.
FONTE do PIMPÍN (As Negradas, San Román)
O PIMPÍN (Mosende)
Probablemente de orixe en onomatopeia, indicando unha fonte de pouco caudal, que "pinga", polo cal se costuma pór unha "pimpela" pola que discorre o fío de auga.
O feito de haber lugares ou fontes "Pimpín" nas Ribeiras do Sor, en Mañón, en Celeiro, etc, parece confirmar esta hipótese. Máis aínda se observamos que en asturiano o termo pimpana designa unha fonte que mana gota a gota (=que pinga). Cf. aquí.
A FONTELA (As Negradas)
FONTELA (San Román)
FONTELIÑA (San Román)
AS FONTELIÑAS (Riobarba)
A voz "fontela" remite a unha fonte que ten un caudal moi escaso.
É unha forma derivada de "fonte", co antigo sufixo diminutivo -ela. Poderíamos dubidar se vén de fonte + -ela ou directamente do latín fontanella(m). Parece ser que foi o segundo (cf. R. Álvarez, "Dialectoloxía e toponimia: Fontán, Fontenla, Fontaíña"), ao aparecer tamén a variante "fontenla".
A forma "fonteliña", con dobre diminutivo, se non garda relación xeográfica co topónimo Fontela da mesma parroquia, podería indicar que, cando se puxo este nome, a forma "fontela" xa non se identificaba con diminutivo.
A FONTEMIEIRA (As Negradas)
Forma composta, probablemente de "fonte Amieira", indicando presenza de amieiros ou ameneiros.
Pode incluso ter unha orixe prerromana máis directa, da raíz indoeuropea *am "cauce, canle", frecuente na hidronimia paleoeuropea. De feito, o termo "fonte" parece confirmar esta hipótese. O termo "fonte" sería, portanto, unha tautoloxía, recuperando o significado de "fonte" talvez agachado tras de "mieira".
Alternativamente, podería vir de *fonte meeira (de "meo" 'medio' co sufixo -eira, "medieira, do medio"), e significaría, portanto, "fonte compartida por dous parceiros", situada no lindeiro entre dous parceiros.
A FORCADA (Suegos)
REGO FORCADO (As Negradas)
A aplicación na toponimia, deste e doutros derivados de "forca" ( "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña", "Forqueta") é relativamente frecuente, referindo xeralmente a unha bifurcación de río ou regato.
Noutros casos podería referir a bifurcación dun camiño, ou de montañas; neste último caso, sería no sentido de "desfiladeiro". A acepción de "forca" como "desfiladeiro", aínda que no galego actual non se rexistre, en portugués si que se conserva.
Temos en Riobarba o lugar da "Forqueta", tamén con esta alusión a confluencia de regatos.
O FORO (Cabanas, Mosende, Riobarba)
Indica unhas terras suxeitas a un foro.
O termo "foro" tivo en Galiza o significado de ‘dominio sobre unha propiedade’, e daí pasou a ter o de logo ‘Contrato consensual, comunísimo en Galicia en pasados tempos, polo que unha persoa cedía a outra, ordinariamente por tres xeracións, o dominio dunha cousa inmoble, mediante certo canon o pensión anual" (cf. E. Rodríguez, Dicionario).
Decía Sarmiento

"Sobre todo hay en Galicia aquella especie de arriendos que llaman foros. Foro es dar a uno una posesión que la cultive y usufructúe por el tiempo de tres generaciones. Hoy solo se hacen por tres vidas de reyes, pero en lo antiguo se hacían los foros por tres vidas de particulares y veintinueve años más..." (cf. "Onomástico etimológico de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
FOXÓ (Suegos)
Diminutivo de "foxo". Ver "FEXOA" para máis detalle.
A FRAGUICELA (Cabanas)
Forma en diminutivo de "fraga".
Inclúe o mesmo sufixo que figura en topónimos como Portocelo (portiño), Montecelo (de monte), Ponticela (de ponte), Arcucelo (arquiño), Chancela (chaíña), Praducelo (pradiño).
Canto a "Fraga", trátase dun fitotopónimo moi frecuente en Galiza, que alude á existencia dunha “extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias”.
O FREIXO (Riobarba)
Do latín fraxinus 'freixo'. No caso do topónimos con nome de árbore en singular, costuman interpretarse como referindo a unha colectividade deles. Indicaría, por tanto, un lugar onde abundaban os "freixos".
É un topónimo frecuente en Galiza, así atópase outro no viciño Mañón.
O FULGUEIRAL (Mosende)
O mesmo que "folgueiral", "folgoso", indicando un lugar onde abundan os felgos (fentos).
Illa GABEIRA
Illa "das gaivotas". Do latín gauiaria, de gauia, "gaivota". De feito, debería transcribirse "Gaveira".
GOCENDRE (As Negradas)
Debe provir dunha (uilla) Godesindi, uilla altomedieval (granxa, explotación agríola) pertencente a un posesor chamado Godesindus. A evolución sería: Gocendre < *Gocende < (agru) Godesindi (cf. P. Martínez. "Toponimia, etimoloxía e fontes documentais: os exemplos de Arosa e Brens". 2012).
É de notar que na actualidade non é un núcleo de poboación, mais todo apunta a que o houbo, incluíndo restos de pedra que puideron ter orixe en lugar habitado, e ademais diso hai un terreo próximo chamado "A Capela". Os dous topónimos, "A Capela" e "Gocendre", acláranse entre si, xa que logo.
O Nomenclator rexistra outros casos, como Gocendre (Goiriz, Vilalba).
AS GOLPILLEIRAS (Riobarba)
Unha "golpilleira" refire a unha gorida ou cubil de golpes ("raposos"). O nome provén do latín vulpicularia, co mesmo significado, derivado de vulpes 'raposo', 'golpe'.
Existen varios topónimos en Galiza, como p. ex. en Muras. No portugués antigo tamén existía o mesmo nome, escrito "gulpilheira" 'terra onde abundam as raposas', e de feito presérvase na súa toponimia Golpilheira(s). Incluso atopamos Goupillières en Francia, da mesma orixe e significado.
A GORGORIA (San Román)

Este topónimo debe provir dun "Agro Gregorio", remitindo ao antigo posesor do agro.
A evolución é relativamente frecuente na microtoponimia: dun Agro Gregorio, por haploloxía de sílabas, pasou a Agorgorio, que se reinterpretou como A Grogorio e se rehomoxeneizou en xénero como A Gorgoria.
En efecto, A. Palacio no seu estudo "Sobre unha evolución diverxente do latín agrum nalgúns topónimos galegos" fai referencia a varios casos de evolución na toponimia de "Agro ..." para "Gor...", así por exemplo indica tamén este caso Gorbidal < Agro Vidal, ou Grumiao < Agro Meao.
Por outro lado, tendo en conta a existencia do topónimo "A Gorga" en Muras, que xa non tería explicación.non se pode descartar que se tratase dunha deturpación de "gorgoira" ("gorxa"), ou estar relacionado co gorgullo dos mananciais. Seguindo a Bascuas, proviría do tema paleoeuropeo *gur-g-, do cal tamén deriva "gorgullo", "gorga", etc, tema formado a partir da raíz indoeuropea *gwer- "tragar", e explica o significado oposto de "agromar, brotar" polo cruce coa raíz *bhorw- ‘bulir’. Cf. p. 318 de E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega". Altenativamente, pode ter orixe na base *borb- ’fonte, manancial’, dun indoeuropeo *bher- ’borbotar, ferver’ (anglosaxón beorma, latín fermentum ’formento, levadura’). De *borb >gorg, do mesmo modo que vulpe> golpe, suevos>suegos.
Existe outra "A Gorgoria" en Foz, e unha "A Gorga" en Muras.
Os GORMEDOIROS (Cabanas)
Posiblemente de "gromedoiros", de "gromar", agrumar, e que por tanto significaría "terreos fértiles, con plantas que agroman".
Cremos que a orixe máis probable é na base *borm- ’fonte, manancial’, dun indoeuropeo *bher- ’borbotar, ferver’ (anglosaxón beorma, latín fermentum ’formento, levadura’). O paso de *bormedoiro >gormedoiro sería equivalente ao de bromear > gromiar, broma>groma, e similar a volpe>golpe.

Alén do anterior, a existencia do verbo galego "bormar" 'vomitar' (cf. DdD) parece reforzar esta hipótese de relación con "borbotar".No entanto, E. Bascuas indicaba para "Gromejón" (afl. do Douro, Valladolid) unha orixe distinta, na raíz indoeuropea *gwer- 'tragar', a través dun tema paleoeuropeo *garm- (cf. p. 318 de E. Bascuas, "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Existe un "O Gormedoiro" en Chavín e "As Gormallas" en Foz.
A GRELA (As Negradas)
Este topónimo non presenta maiores dudas. A grafía correcta sería "Agrela" 'pequena agra', do latín agrella. De feito, este lugar figura atestado como "Agrela" en 1752, no Cadastro de Ensenada.
O sistema tradicional de parcelamento en agras consistía na división de parcelas agrupadas en bloques ou conxuntos, tendo cada un destes bloques ou "agra" un peche exterior comunal. Nas agras, as parcelas eran alongadas e delimitadas por marcos.
Xeralmente, as agras pechábanse despois da sementeira e abríanse cando a colleita. Deste modo, protexíase da entrada do gado e dos consecuentes danos nos cultivos. O peche era por unha cancela. As parcelas tiñan servidume de paso, que permitía sementar por orde. O peche das agras podía ser temporal mediante acumulación de terróns ou por sebes de ramas entrelazadas de toxo e xestas, ou permanente con muros de pedra (cf. S. Calvo, G. Méndez e R. A. Díaz, 2011. “Los paisajes culturales de agras en Galicia y su dinámica evolutiva” in "Ager").
A INFESTA (San Román)
O mesmo que "enfesta" 'cuesta que desciende á una hondonada, ó termina en ella', 'cume, pico, lugar alto'. Cf. DdD.
Probablemente en sentido metafórico: o dicionario de Carré Alvarellos define "enfesta" coas acepcións de teiroá, "travesero de madera que une la cabezalla del arado con el dental", e tamén como a "pieza de madera que regula la engranda del (grano en la muela del) molino".
A INSUA (As Negradas)
A INSUA DE SAN MARTIÑO (As Negradas)
Do latín insula 'illa'. Tanto no portugués como no galego, "insua" xeralmente refire a terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos.
O ILLÓ (Riobarba)
O ILLÓ DO ROMANO (San Román)
Un "illó" é un sitio pequeno onde brota auga, e é pantanoso (cf. DdD). A orixe é controversa, hai quen o deriva do latín vulgar *oculiolu, aínda que outros (e.g. Bascuas) derívano dun termo prerromano, da hidronimia antigoeuropea.
A LABRADA (Riobarba, As Negradas)

O HOSPITAL (Riobarba)
Este microtopónimo podería aludir á antiga presenza dunha casa de hóspedes, para os camiñantes que recorrían unha vía romana ou medieval. Non queda moi lonxe do Manxofrío (Cabanas), que tamén aludiría a unha hospedaría.
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza.Na contorna atopámolo en Ortigueira, Cariño, Cedeira, San Sadurniño, Fene, Ferrol, así como ns Somozas, As Pontes, e igualmente en Burela.
A INFESTA (San Román)
O mesmo que "enfesta" 'cuesta que desciende á una hondonada, ó termina en ella', 'cume, pico, lugar alto'. Cf. DdD.
Probablemente en sentido metafórico: o dicionario de Carré Alvarellos define "enfesta" coas acepcións de teiroá, "travesero de madera que une la cabezalla del arado con el dental", e tamén como a "pieza de madera que regula la engranda del (grano en la muela del) molino".
A INSUA (As Negradas)
A INSUA DE SAN MARTIÑO (As Negradas)
Do latín insula 'illa'. Tanto no portugués como no galego, "insua" xeralmente refire a terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos.
O ILLÓ (Riobarba)
O ILLÓ DO ROMANO (San Román)
Un "illó" é un sitio pequeno onde brota auga, e é pantanoso (cf. DdD). A orixe é controversa, hai quen o deriva do latín vulgar *oculiolu, aínda que outros (e.g. Bascuas) derívano dun termo prerromano, da hidronimia antigoeuropea.
A LABRADA (Riobarba, As Negradas)
A LABRADA PEQUENA (San Román)
AS LABRADAS (Riobarba, As Negradas)
Topónimo frecuente, co significado transparente de terras labradas, cultivadas. Xa non é tan obvio se aluden a terras que pasaron de monte a seren labradas ou ben que foron labradas e máis tarde foron deixadas a bravío. Calquera das dúas motivacións son posibles.

O LAGAR (As Negradas)
Topónimo transparente, lugar de pisado da uva para a produción de viño.
A produción de viño na zona debeu ser elevada, segundo os rexistros existentes. Na toponimia quedaron os reflexos dos "lagares", das "viñas", dos "bacelares", etc.
A mediados do século XIX os viñedos sufriron a praga do oidium, que apareceu en 1852, e que acabaría en moi pouco tempo coas viñas. Dous anos despois xa non se recolleu en toda a comarca nin un só barril de viño e comezaron a arrincar as viñas, das que xa soamente quedaría os topónimos.
LAMUCEIRA (Cabanas)
O mesmo que "lamuxeira" e "lamugada", lugar onde costuma haber lama.
LASTIGUEIRA (Cabanas)
Probablemente de "lestigueira", relacionado coa planta chamada lesta.
As "lesta", é unha planta da familia das gramíneas, Anthoxanthum odoratum. Xa en 1717 Sarmiento destaca a existencia desta planta en Galiza:

"Noté que hacia Pontevedra solo tiene un dedo de ancho la hoja. Hacia La Coruña tiene dos; y hacia San Andrés de Teixido, junto al cabo de Ortegal, tiene la hoja cuatro dedos de ancho, y allí está poblado de esa lesta olorosa el monte da Capelada".
O PTG rexistra outra "Lastigueira" en Ortigueira e "Lestegueira" en Muras.
LABANQUEIRO (O Vicedo)
Topónimo que alude a un "lugar onde abundan os lavancos", unha ave que os dicionarios de galego rexistran como unha especie de parrulos. Este lugar atópase preto dun rego e do Prado Longo, o cal reforza esta interpretación.
Encaixaría do mesmo modo que existen "Gralleira" e "Corveira" ou incluso "Laverqueira" (de lavercas) en Oímbra (Ourense).
Alternativamente, pode aludir á acepción de "pedra grande" (cf. A. Otero "Algunas adiciones al léxico hispánico", CEG XXIV). Deste modo, referiría a un "peloural".
Canto á etimoloxía, Corominas interprétao como resultado dunha disimilación da orixinaria "navanco" (cf. J. Corominas DCECH, s.v. lavanco), derivado do apelativo de orixe prerromana "nava" 'lugar pantanoso en despoboado', de aí que o frecuentasen os parrulos bravíos.
O PTG rexistra outra Labanqueira en Barreiros e As Lavanqueiras en Vilalba.
As LEAS (San Román)
Os topónimos Leas, relativamente frecuentes, acostuman ser interpretados como hidrónimos de orixe prerromana, da raíz indoeuropea *le-na- 'lene, mol, suave'. Tería un significado parecido a 'augas apacíbeis, en remanso'.
É de notar que Machado refírese a Lena como nome prerromano “talvez ligado ao pré-celta lena, ‘grande pedra chata’, ‘lousa” (cf. J. P. Machado, 2003. "Dicionário onomástico etimológico da língua portuguesa"); no entanto, dada a situación dos distintos "Lea", seméllanos máis probábel a interpretación como hidrónimo.
Deste modo, os topónimos Leas estarían relacionado con outros como Ribeiras de Lea, co'As Leas no Valadouro, Cervo e Foz ou co asturiano Llena.
É de notar que, dada a súa presenza en hidrónimos, cremos improbábel que teña relación co apelativo "lea" 'enfrontamento, rifa', ademais de que non encaixaría para un topónimo relativamente frecuente.
A LEIRA do CADRO (Cabanas)
Podemos pensar que ese "Cadro" remita á forma cadrada da leira, fronte ao máis xeral de forma alongada. Alternativamente, puido aludir aos restos dunha edificación en cadro, en ángulo recto, que podería remitir talvez a restos romanos (a planta dunha vila ou outro edificio) ou dun castro. Estas cementacións en escuadra resultarían pouco comúns para os poboadores da Idade Media. En efecto, Pascual Riesco asígnalle esta orixe arqueolóxica a varios "Escuadro" existentes na provincia de Zamora e noutras (cf. P. Riesco, 2019. "Toponimia de la provincia de Zamora. Panorámica documental, ...").
A LEIRA do MORTEIRO (Cabanas)
Aquí "morteiro" estaría referido a "horta preto da casa, en particular onde se planta un viveiro de sementes".
A LEIRA do GATO (Mosende)
Ver O CHOUSÓN DO GATO.
A LEIRA dos GATOS (Cabanas)
Probablemente encaixe a mesma interpretación para "Gato" que a feita n'O CHOUSÓN DO GATO.
O LIÑEIRO (Riobarba)
O termo "Liñares" é transparente, remitindo a antigos lugares plantados de liño ou propicios para o seu cultivo.
O termo "Liñares" é transparente, remitindo a antigos lugares plantados de liño ou propicios para o seu cultivo.
En canto a "liñeiro", os dicionarios rexistran dúas acepcións principais: "liñar, terreo onde se cultiva o liño", e "persoa que se adica ao comercio do liño" (cf. DdD).
Moi probablemente, alude a un liñar, tal como interpreta G. Navaza (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Moi probablemente, alude a un liñar, tal como interpreta G. Navaza (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
A artesanía do liño tivo relevancia en Galiza, especialmente nas zonas do litoral e nalgúns vales do interior. O maior apoxeo desta industria artesanal deuse de mediados do século XVIII ata primeiro terzo do XIX. Neste período tecíase liño do país pero tamén de fóra, que entraba polos portos de Ribadeo, Carril e Vigo. Unha vez confeccionado o lenzo, era exportado para Castela e para América.
A acepción de "leñeiro", lugar onde abunda a leña, tamén podería encaixar. Por outro lado, a acepción a de sinónimo de niño, non é recollida nesta zona.
A LOBEIRA (San Román)
AS LOBEIRAS (San Román)
O nome "lobeira" remitea un lugar que foi, real ou metaforicamente, gorida de lobos. Cf. RAG.
A LONGRA (Suegos)
Forma alternativa por "lóngaras". Este topónimo alude a (terra) lóngara, 'terra alongada'. En efecto, o termo "lóngara" está recollido en galego co significado de "terreo de forma alongada" (cf. Rivas Quintas, Frampas).
En canto á etimoloxía, termo "longara" xa aparece atestado en documentos galegos en latín do ano 936 (cf. CODOLGA):
estremiro, ipsa terra que iacet de vallo usque in Longara, ipsa vinea cum suos pumares, et ipsa terra
Ao non aparecer atestado ningunha vez nin "longula" nin "longola", podemos pensar que non deriva de longula, senón directamente do sufixo -ara, tal como gándara.
En efecto, é un sufixo de orixe pre-latina, relacionado con moitos outros topónimos pre-romanos como "Láncara" (cf. e.g. aquí).
Atopamos un "Longras" en Cariño, así como unha vila chamada Longra en Felgueiras (norte de Portugal), atestado no século XIII como Longara.
As LUCHAS (Cabanas)
Unha "lucha" é unha finca cultivada de pequeno tamaño. Cf. DdD. Xeralmente ten forma alongada e estreita.
O MAITUFE (As Negradas)
De (agru) Maitulfi, terras dun posesor medieval, chamado Maitulfus, nome de orixe xermánica (de maht "poderoso" + ulf "lobo"). Ao non corresponder na actualidade cun núcleo de poboación, supoñemos que referise á propiedade dun agru/fundu. No entanto, tamén puido ser antigamente un lugar habitado, unha uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola).

Este nome Meitulfus figura atestado no ano 964 no Tombo de Sobrado (cf. p.311 de A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)".
Coa mesma orixe, existe o lugar de Meitufe en Valdoviño, mencionando esta orixe en 1937 por Piel. Cf. p. 46, J. Piel "Os nomes germânicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo V.
MALLÓS (Cabanas)
O termo "malló", viría do latín malleolus, "pequeno martelo", que ten tamén a acepción de "chanta de vidra cortada en forma de martelo". Cf. aquí). Dada a situación, non parece o que encaixe para unha viña, polo que pensamos que se trata mais ben dun alcume ou apelido dun antigo posesor.

Ao ser en plural, podería vir do apelido ou alcume familiar "Malló": o uso de plurais designando alcumes familiares é bastante común na topónimia galega. De feito, hai un "Malló" en Galdo, documentado en 1437 ao referirse a un "Garçia do Malloo". Cf. García Oro, J. (1987): "Viveiro en los siglos XIV y XV. La colección diplomática de Santo Domingo de Viveiro", in "Estudios Mindonienses", nº 3, pp. 11-132.
A MANGOEIRA (Suegos)
O nome deste illote posiblemente proveña da súa forma, parecida ao "mangoeiro", un dos dous constituintes (xunto co pértego) do mallo, o instrumento para mallar o cereal.
O MANIÑO (San Román)
MANIÑOS (San Román)
O termo "maniño" significa "estéril", "baldío". Neste caso remite a "o terreo baldío". Cf. DdD. O mesmo significado tén o cognado portugués maninho. Cf. priberam.
Ten tamén a acepción de "terras desaproveitadas", que eran "tomadas" (daí o topónimo "Tomada", que cita Cunha Serra). Cf. Cf. p. 263, P. Cunha Serra "Estudos toponímicos" in "Boletim de filologia", Tomo XV.
E. Rivas indica unha acepción similar derivada para "maniño", de "terreo sen dono". Porén, non indica referencias deste significado. Cf. E. Rivas, "Natureza, Toponimia e fala". 2007.
MANXARÍN (Mosende)
Posiblemente de (agru) Maniarini, forma en xenitivo de Maniarinus, hipocorístico de *Maniarius ou *Magnarius, o nome do antigo posesor do agro. É un nome de orixe xermánica, incluíndo o elemento magenan 'poder'.
O MARÁN (Riobarba)
Posiblemente grafía alternativa por "O Merán" (ver este topónimo).
O MARCO (Riobarba)
O CHAO DO MARCO (As Negradas, San Román, Suegos)
O topónimo "Marco" é transparente, e refire a un lugar onde hai ou houbo un marco (pedra fincada no terreo, de límite territorial), talvez un marco medieval, ou un miliario romano, ou tamén unha pedrafita ou menhir.

Está atestado no Catastro de Ensenada para San Román (1753), ao establecer os límites coa freguesía das Negradas:
.. "campo de Lagoa del qual prosigue al do Chao do Marco dividiendo la fra. de S. Miguel delas Negradas" ...
A MARAPEGA (Suegos)
O topónimo Marapega, situado preto da Encrucelada, no Folgueiro, remite a unha antiga posesora da finca, de nome "María Pega".
Por toda a Mariña atopamos topónimos similares, coa mesma orixe nun composto de "Mara" (María). Así, atopamos "A Maraleixa" (María Aleixa) en Chavín (Viveiro), así como "A Maraboa" (María Boa), "A Maradona" ("María Dona") e "A Maraseca" ("María Seca") en Barreiros.
Lembremos tamén o caso da "marafonsa", unha clase de mazá, cuxo nome proviría dunha "María Afonsa".
Os MARIÑAOS (Riobarba)
Este topónimo trátase do xentilicio que remite aos posesores do terreo, que serían orixinarios da Mariña, no sentido da Mariña oriental, que é o que por defecto se entende por "mariñao" na Mariña occidental.
As MEDAS de CASTRO (Suegos)
O termo "meda" é unha morea de mollos de cereal segado, e tamén ten a acepción de 'mámoa', ‘enterramento funerario prehistórico’ ou, en xeral, metafóricamente, a monte cónico con punta redondeada.
Este topónimo pode indicar, por tanto, a (antiga) existencia dun conxunto de mámoas nese lugar, onde houbo, nel ou perto del, un castro.

MENORES (Mosende)
Debe aludir a (terras dos) Menores, en referencia ao alcume dun antigo posesor. De feito, o alcume "Menor" rexístrase na comarca. A súa orixe, alén do significado obvio, puido tamén indicar a pertenza ao covento dos franciscanos menores, probablemente ao convento de San Francisco de Viveiro.
O MERÁN (As Negradas, Cabanas, Riobarba)
Probablemente de "Monte merán", monte con "mera", "néboa miúda". A palabra "mera" é de orixe pre-romana, dunha raíz *m'r- (mar/ mer/ mir), relacionada coa auga.
Alternativamente, podemos pensar nun nome de posesor, tal como de *(mons) Mirani, forma en xenitivo de Mira, nome de orixe xermánica (cf. aquí), ou tamén de *(mons) Marandi (Amarandi > *Marandi > *Marande> Marán, similar apócope que para Fredenando > Fernando > Fernán).
Existe unha chea de topónimos "Mera" e "Merán" en Galiza. Hai mais "Merán" por exemplo en Galdo.
O MIDAL (As Negradas)
Probablemente de "o amidal", lugar poboado de ameneiros. É probable por estar preto de un regato.
O MILLÁN (As Negradas, Cabanas)

Este toponimo pode aludir a un "terreo do millán", aludindo ao nome común da planta 'Digitaria sanguinal' que aparece nos terrenos de cultivo, unha planta "poácea", cognado do portugués milhã. En efecto, aínda que non veña citado na obra de Fitotoponimia galega de Navaza, semella plausíbel.
Decía Sarmiento dela: "Es tan continuadamente fecunda como la mielga y tan útil para las caballerías y ganado vacuno como ella. Llámase millán o millá, y en portugués, según Bluteau, milhaã". De ella dice: He o verde dos bois e bestas, de agosto até os santos”..
Por outro lado, tamén puido aludir o nome a un terreo pertencente a unha persoa apelidada Millán (aínda que é moi pouco frecuente nesta zona), ou a unha antiga uilla altomedival Emiliani, pertencente a un posesor de nome Emilianus.
É curiosa a presenza deste topónimo nos catro concellos do Norte galego, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Ourol, en canto non aparece no resto da Mariña e do Ortegal. Puido tatarse dun apelido máis común noutra época.
As MISAS (Suegos)
As denominacións Misas, Lámparas, Aceite, Santísimo, Aniversario, Ánimas, Novena, Responso, entre outras, costuman referirse a terreos que estaban ligados a ofrendas relixiosas. Así se documenta, por exemplo, no caso da provincia de Palencia (cf. G. Ortega, "Sociedad y transmisión oral en la toponimia menor palentina").
MILLARIDO (San Román)
Onde abunda o millo, probablemente referido ao "millo miúdo", que era chamado "millo" antes de chegar o millo da América.
MOLEDOS (Vicedo)
O termo "moledo", do latín medieval molletum, significa "rochedo, colina" (cf. Du Cange). Aínda que esta acepción non a atopamos nos dicionarios de galego, si se atopa nos dicionarios de portugués, xunto coa acepción relacionada de "monte, xeralmente cónico, formado por pequenas pedras".
Nesta "praia dos Moledos", hai, efectivamente, unha pedra grande, por iso tamén é chamada "praia dos Castelos".
É un topónimo relativamente frecuente. En Benquerencia (Barreiros) existe a "praia de Moledo", con esta mesma acepción.
MONTE da ATALAIA (O Vicedo)
O apelativo "atalaia" indica un "lugar de vixiancia", e deriva do árabe aṭ-ṭalā’iʕ 'sentinelas'. Temos en galego a voz "atalaieiro" co sentido de "vixiante, outeador de baleas".
A pesca da balea era común no Cantábrico desde antigo. Xa en 1286 hai documentada actividade baleeira no porto de Prioiro (Ferrol). Bares e San Cibrao aparecen citados en 1291.
Nos primeiros tempos, a actividade baleeira nas costas galegas era desenvolvida maiormente por pescadores vascos. No final do século XVI, os galegos xa desprazaran totalmente aos baleeiros vascos.
A captura intensiva neses séculos levaría á práctica extinción da especie nas costas galegas a finais do século XVII, cesando a actividade baleeira costeira (cf. aquí).
MONTE de CARTAS (As Negradas)
Este topónimo, frecuente en Galiza, probablemente remita a unha repartición dun monte en varias partes iguais, fosen catro partes ou máis. Probablemente a motivación fose un reparto dun monte comunal. É un caso análogo ao do "monte dos Cuartos" en Mosende, e "monte dos Cartos" en Cerdido.
Outros casos similares son:
Cf. aquí.
Outra motivación alternativa é a de referencia á "carta" de posesión, pois o significado do termo prestábase ao seu uso toponímico, do mesmo modo que outros vocábulos referentes aos distintos tipos de administración da propiedade das terras, tais como "Foro", que callaron como nomes de lugar, maiormente na microtoponimia.

- "As Tercias" existe nas Negradas, en Cabanas, nas Nogais, etc, "Os Tercios" en San Sadurniño, Cedeira, San Sadurniño e Mugardos
- "As de Quintas" nas Nogais, en San Sadurniño ."Os Quintos" en Cariño e Cerdido,
- En parroquias de Cedeira existe tamén "Os tercios", "As Sétimas" e "As oitavas".
Cf. aquí.
Outra motivación alternativa é a de referencia á "carta" de posesión, pois o significado do termo prestábase ao seu uso toponímico, do mesmo modo que outros vocábulos referentes aos distintos tipos de administración da propiedade das terras, tais como "Foro", que callaron como nomes de lugar, maiormente na microtoponimia.
Outra alternativa sería relacionado coa cuarta parte dunha propiedade foral, ou de terreos sometidos ao pago dunha renda equivalente á cuarta parte dos froitos. Isto está documentado noutros sitios, así o "Carto de Viño" en Beade, que refire a un foro (cf. aquí).
MONTE das CARRACHAS (As Negradas)
As "carrachas" son os parásitos que crían entre felgos e matos e se alimentan zugando o sangue dos animais. É unha palabra de orixe prerromana.
Existe outro "Monte Carracheiro" nas Somozas.
MONTE da CHAEIRA (As Negradas)
Remite a un terreo chan, e deriva do latín planaria.
MONTE da MEDORRA (As Negradas)
Unha "madorra" ou "medorra" remite a un "monte de pedras ou cascallo" (cf. "Antas de Portugal" aquí), e por extensión, aplícase a lugares nos que houbo unha "mámoa", túmulo megalítico prehistórico. Nos dicionarios galegos é, en efecto, interpretada como sinónimo de "mámoa".
Semella, xa que logo, que houbo unha mámoa nese lugar.
MONTE da POXETA (As Negradas)
Ver "A POXETA".
MONTE do BÉRTALO (Riobarba)
Muíño do BÉRTALO (As Negradas)
O nome "Bértalo" é un antropónimo, hipocorístico de "Bertomeu", que ten a orixe na raíz *Bert-, do xermánico gótico Bairhts 'claro, ilustre' (cf. páx. 277 de E. Förstemann, 1900, "Altdeutsches Namenbuch").
A forma análoga "Bertal", presente na toponimia galega e portuguesa, foi analizada por Joseph Piel, que a referiu á indicada raíz Bert-, e a segunda parte -al derívaa de waldan 'administrar' (cf. p. 230 de J. M. Piel, "Os nomes germânicos na toponímina portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo II).
MONTE do CURRUCHO (As Negradas, Riobarba)
O significado de "currucho" é similar ao de "curruncho", no sentido de "sitio apartado, escondido".
Tamén podería ser derivado de "curro", mais non se encontraron referencias.
Existe outro "Currucho" nas Somozas.
MONTE do GATO (San Román)
Este topónimo debe aludir, máis que ao animal indicado, ao apelido ou alcume dun antigo propietario do lugar. Ver CHOUSÓN DO GATO.
Posiblemente relacionado cos "malatos" (posiblemente "enfermos de lepra").
Alternativamente, de orixe prerromana, relacionado coa raíz indoeuropea *mel- 'aparecer, emerxer', o cal acontece neste topónimo, localizado nunha zona de encosta.
Para máis detalle, ver entrada no blog Pena da Cataverna.
MONTE SOLLOSO (O Vicedo)
Situado no promontorio da "Vixía do Vicedo", aínda que non o recolle o Nomenclator de Galicia, si vén recollido (aquí).
O adxectivo "solloso" indica "soleado", lugar abrigado onde dá o sol, posiblemente situado no lado sur dunha montaña ou dunha encosta.
Neste caso concreto, a cara oriental do promontorio é chamada "Monte Ventoso" e a occidental "Monte Solloso", co cal parece confirmarse a interpretación.
Aínda que máis improbable, tampouco se pode descartar unha orixe alternativa en relación a un elemento da hidronimia prerromana *sal- ou *sol- . De feito, existe o "río Solloso", afluente do Sor, e neste caso está na beiramar.
O Nomenclator rexistra un "Solloso" en Chavín, outro no Valadouro e outro nas Pontes.
A MORZOEIRA (Riobarba)
Posiblemente este topónimo derive dunha voz prerromana, en concreto dunha protoforma *mord-ya > morça > morza, da raíz indoeuropea *(s)mord- 'cheirar, feder'. Indicaría, por tanto, que nun pasado era un lugar con auga apozada e fedorenta, talvez unha lagoa ou pántano. A este respeito, B. Prosper indica que probablemente a raíz *(s)mord- teña sobrevivido nun gran número de hidrónimos na península Ibérica, entre os que inclúe "Mardancho" (Cantabria, Rioja) e "Mordabal" (Salamanca) (cf. p. 127 de B. Prosper "Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica". 2002).
A evolución non presenta problemas: *mord-ya > *morça > *morza, e de aí engadiríase o sufixo romance -eira. Este sufixo romance indícanos que o uso do apelativo prerromano *mordya debía conservarse aínda no romance medieval.
Descartamos que "morzoeira" proveña dunha deturpación de "marzoeira" pois, alén de non ter significado claro, sería estraño dada a viveza dos termos "marzo", "marzal".
A MOTA DE MOUTILLÓS (San Román)
Posiblemente un pequeno "forte defensivo" altomedieval, con foso (ver imaxes aquí).
Os dous nomes, "mota" e "moutillón", reforzan o mesmo significado:
Os dicionarios galegos definen "mota" como montículo, de poca altura, que se ergue nun terreo chao. Por extensión, aplícase tamén a terrapléns. Nalgunhas zonas (non nesta) reférense a "mámoas".
As "motas" eran orixinariamente pequenos outeiros de terra erguidos artificialmente que na súa zona superior contaban cunha pequena fortificación en madeira ou pedra.
En canto a "Moutillón", derivado de "mouta", que o dicionario define como "zona de mato", e tamén coa acepción de "tumulo de area rente ao mar, no que nace a herba". É sinónimo de "mota" e podería ter a mesma orixe. En portugués mouta tamén se define como "Conxunto espeso de plantas de pouca altura". No portugues minhoto, tamén existe o cognado moutilhão, definido como "montículo ou pequeno outeiro".
As orixes etimolóxicas de "mota" e "mouta" son incertas. Hai quen deriva, tanto "mota" como "mouta" dun antigo "molta", con significado de "morea" nun sentido totémico. Cf. aquí.
As MOTAS
Río da MOTA (Suegos)
Os dicionarios galegos definen "mota" como montículo illado, de poca altura, por veces erguido artificialmente, que se ergue nun terreo chan. A súa situación de outeiros illados tórnaas en lugares estratéxicos para a defensa e vixilancia, polo que moitas veces nas Mota teñen castelos, torres ou pazos,. Por extensión, aplícase por veces a terrapléns. Nalgunhas zonas (non nesta) refírense a mámoas.
O MOUTELLÓN (Suegos)
Derivado de "mouta", que o dicionario define como "zona de mato", e tamén coa acepción de "túmulo de area rente ao mar, no que nace a herba". É sinónimo de "mota" e podería ter a mesma orixe. En portugués "mouta" tamén se define como "Conxunto espeso de plantas de pouca altura". No portugues minhoto, tamén existe o nome, con grafia portuguesa "moutilhão", definido como "montículo ou pequeno outeiro".
O MUÍÑO DE GRANDÍO (Cabanas)
O nome "Grandío" refire ao apelido dun antigo (ou actual) posesor. Este apelido podería provir do nome de orixe xermánica *Ganderedus.
MUÍÑO de ROLDEIROS (Riobarba)
Os proprietarios serían varios, parceiros, e por tanto o uso sería en "rolda" (ronda).
MUÍÑO do MENOR (Riobarba)
Alusión ao alcume dun antigo posesor. A súa orixe, alén do significado obvio, pode ser a de indicar a pertenza ao covento dos franciscanos menores, probablemente ao convento de San Francisco de Viveiro.
O "vinculeiro" era o nome que recibía o herdeiro ao que lle correspondía a mellora nas partillas, correspondendo polo xeral ao primoxénito, o fillo varón máis vello. O nome "vinculeiro" indicaría o concepto de preservador do vínculo entre dúas xeracións.
Do mesmo modo que sucedía noutras partes de Europa, as partillas con melloras máis significativas ocorrían nas zonas de montaña (cf. p. 75 de "Antropología histórica de la familia", M. Segalen, 1992).
En certas zonas, conceptualizábanse os bens "vinculares", de vínculo, suxeitos ao perpetuo dominio dunha familia, existindo unha certa institución familiar de "Vinculeiro", parecida á do "Patrucio", co obxectivo de preservar íntegro o patrimonio familiar. Cf. DdD.
Os MURADOS (As Negradas)
Aínda que se trata dun adxectivo ben coñecido, remitindo a un elemento cercado por muro, non queda claro o elemento elidido ao cal fai referencia. Podería tratarse dunha referencia a un terreo cercado, murado. Por outro lado, tamén pode remitir a restos de muros antigos, talvez prehistóricos. Este é o caso d'As Muradellas (Lubián, Ourense) trátase dun castro cunha fortificación característica.
Na contorna, o Nomenclator rexistra outro Os Murados en Mañón e outro O Murado en Xove, así como un Os Muradás en Cervo.
Terreos onde nace a "muruxa", ou "meruxa", unha herba de flores brancas, que se dá en sitios húmedos, moi común en Galicia. Tamén chamada "herba paxareira". Cf. DdD.
O NABAREGO (Mosende)
Topónimo que alude ao cultivo dos nabos, aludindo a un lugar onde se cultiva ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado por veces ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
Os NABAOS (San Román do Vale, Riobarba)
Aínda que grafado con "b", cremos que é máis probábel que proceda dun "Navaos", aludindo á procedencia dos posesores do terreo dun lugar chamado Navia ou Nava.
Se tivese relación con plantacións de nabos, lugar plantado de nabos, o habitual sería "nabedo", "nabal", ou incluso nabarego", pero "nabao" é improbable para un fitotopónimo, e de feito non o recolle Gonzalo Navaza no seu estudo de Fitoponimia Galega.
Os NOVÁS (Suegos)
De "os (agros) novás", plural de "noval", finca nova. O termo "anovar" significa "volver un monte ou bouza en labradío, convertir un lugar inculto en terra cultivable". Cf. DdD.
O NUEIRO (Suegos)
Este topónimo, situado preto das Goexas, no Folgueiro, é un unicum en Galiza.
A voz "nueiro" non aparece nos dicionarios de galego, mais semella ser variante de noiro 'ribazo'. De feito, Pascual Riesco recolle nueiro rexistrado antigamente na fala leonesa, co mesmo significado de ‘ribazo medianero, terraplén o talud entre dos parcelas’ (cf. P. Riesco, 2020. "Notas sueltas de lexicografía histórica leonesa (II)").
O OUTÓN (Mosende)
Aumentativo de "outo", forma antiga por "alto".
Este mesmo topónimo está tamén rexistrado noutras zonas galegas, como en Carballo, Porto do Son, etc.
O PACIO (As Negradas)
O PAZO (San Román, Mosende, O Vicedo)
O termo "pazo" deríva do latín palatium, e xa na Alta Idade Media a forma paaço tomou esta acepción actual de "casa señorial", edificación de residencia de familia nobre. E de notar que as referencias medievais a un pazo non deben entenderse como un pazo na actualidade, senón que remitirían simplemente á casa do señor, de boa feitura, probablemente de cantería, de dous andares e cuberta de tella ou lousa, en contraste coas demais casas que serían de planta baixa e cubertas de palla.
Nos casos destes topónimos do Vicedo e San Román é probábel esta orixe, ao tratarse de núcleos de poboación. No caso do Mosende, ao estar situado preto da igrexa, centro parroquial, tamén semella probábel a súa existencia nun pasado. No caso do lugar das Negradas onde se encontra "O Pacio", de monte, non parece axeitado para un pazo. Porén, pode referirse a unhas "terras do pazo", pertencentes ao señor. Tamén podemos pensar, talvez, nun senso metafórico en canto á bondade do lugar ou nun senso xocoso.
J. J. Moralejo puxo en cuestión a etimoloxía latina, e referiu estes topónimos a un prelatino indoeuropeo *palatio, que designaría unha especie de curro, lugar pechado onde os pastores recollían temporalmente o gado, harmonizando co sentido etimolóxico de "pastoriza" (cf. J. Moralejo, "Callaica Nomina", 2007)
As PALANCAS (As Negradas)
Probablemente relacionado coa raíz indoeuropea *pel- 'encher, verter, fluír', da que deriva o latín palus 'charco, pantano' ou o letón palas 'ribeira lodosa'. É de notar a terminación -anca, frecuente na hidronimia paleoeuropea.
En efecto, Bascuas incluíu o río Palanca (afluente do Mandeo) nos derivados desta raíz e descarta que teña relación co apelativo galego pala 'cova', presente en topónimos como "A Paleira" 'cavidade que serve de refuxio ou vivenda a certos animais'.
A PALLOZA (Cabanas)
AS PALLOZAS (Cabanas)
Derivado de "casa palloza", tamén chamada "pallaza", construción típica con teito cónico de palla de centeo. Era preciso renovar cada 15 anos con palla nova o teito (un grosor duns 40cm, cf. aquí).
Neste caso, como topónimo, parece indicarnos que cando se comezou a denominar así, o teito de palla era xa infrecuente.
As "casas palhaças", citadas en Gil Vicente ("Auto da Feira"), son casas cubertas de palla de centeo, análogas en significado ás pallazas ou pallozas dos Ancares. A denominación de "casa pallaza" é tamén frecuente en documentos notariais de Zamora e Salamanca. Cf. Pascual Riesco, 2001 aquí.
Os PARAÑOS (Suegos)
O apelativo "paraño" figura no dicionario de Leandro Carré como "lugar amparado, protexido" (cf. DdD). Podería significar "terra con certos "privilegios", tamén recollido así en portugués."
Outros significados, como "aparador" ou o tamén recollido en portugués de "pedra da parte superior da boca do forno, en forma de viseira", poderían facer referencia, neste topónimo e nos que aparecen nos concellos cercanos (en Sumoas, en Valcarría, en Covas, etc), a pedras asociadas a construccións megalíticas antigas (de feito as furadas dos dolmens son chamadas na nosa toponimia "fornos" ou "fornos dos mouros").
O PARROGAL (Riobarba)
Significado e orixe incerta.
Debe ter a mesma orixe que O Perrogal en Suegos e O Parrugal en Cariño.
Poderíamos pensar en "Paio (do) Regal" ou "Pero (do) Regal", aludindo ao nome dun antigo posesor destas fincas, mais é estraña a coincidencia de 3 persoas deste apelido para un apelido pouco común. É verdade que Cariño, segundo a "Cartografía de apelidos de Galicia", ten unha frecuencia relativamente alta para este apelido e que, ademais, o apelido debe ter a orixe no lugar do Regal, en Riobarba.
Alternativamente, podemos pensar nunha relación coa voz "parrugueira", sinónimo de "borralleira", talvez relacionado coa actividade das rozas. O sufixo -al, abundancial, dá por tanto conta da antiga existencia dunha voz *"parruga" ou *"párruga".
O Nomenclator rexistra tamén "A Parrugueira" en Vilalba, así como "As Parrugueiras" en Xermade.
Finalmente, tendo en conta o topónimo Parga de Guitiriz, que está atestado na Idade Media como Parriga e Parrega, tamén podemos pensar que estean relacionados e teñan unha orixe nunha mesma base prerromana.
Martínez Lema considera preferíbel relacionar o topónimo Parrega con palabras do léxico común como parra ‘armazón sostida con estacas ou puntais de madeira’, e máis en concreto cun tema *parrik- que significaría ‘curral, cercado, terras valadas’, ‘grella, trenzado’ e similares (cf. P. Martinez, 2018. "Toponimia de Begonte e Rábade").
A PASADA (Mosende, As Negradas, Riobarba)
O apelativo "pasada" indica un "lugar de paso, xeralmente de paso de río, a través de pedras colocadas como "pasos" formando unha liña". Esta acepción consérvase na toponimia de toda a zona: en Mañón, en Viveiro, en Muras, en Xermade, no Vicedo.
A PATEIRA (Cabanas, Riobarba)
O apelativo "pateira" ten varias acepcións. Para un topónimo, as de mellor encaixe son as de "pequena lagoa ou poza na que paran os patos selvaxes", e mais a de "pequeno lugar (covacha, gaiola, galiñeiro) no que se crían patos, capóns, etc" (cf. DdD).
Tamén A. Fernandes interpreta os topónimos portugueses "Pateiro" e "Pateira" como "lameiros", derivados metaforicaente de "pato" por ser este amigo deses sitios. (cf. A. Fernandes, 2001. "Toponímia de Ponte de Lima"). Igualmente Joseph M. Piel ten interpretado o topónimo "Pateira" como zootopónimo, en canto a abundancial de "patos" (cf. J. Piel, "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966).
En conclusión, trátase dun zootopónimo que remitirá a un lugar no que paran os patos, en sentido real ou metafórico pola abundancia de auga ou lama que alí habería. De feito, nestes topónimos concretos nomean zonas de prados.
PÉ DE MULLER (Suegos, San Román)
Debe aludir á existencia dun marco ou pedrafita, que lembraría dalgún modo a figura de muller. En efecto, está atestado no Catastro de Ensenada para Suegos (1753), ao establecer os límites coa freguesía de San Román do Val:
.. "marco que llaman Pie de Muller" ...
PEDRA CHANTADA (As Negradas, Riobarba)
Este é un topónimo bastante frecuente, e podería indicar a presenza no lugar dun marco, ás veces prehistórico (menhir), outras veces un marco, medieval ou máis moderno, limitador de territorios (por exemplo de parroquias).
No caso da "Pedra Chantada" das Negradas, terreo situado na Gándara, existiu unha pedra chantada dun metro e medio de altura, co suficiente desgaste erosivo para ser prehistórica.
O PEDRÓN (Suegos)
O PEDRÓN (O Vicedo -lugar de Ruño)
Segundo os dicionarios, o apelativo "pedrón" indica unha pedra fincada, pedrafita, ás veces simplemente un pedroulo ou pedrouzo (cf. DdD).
Os topónimos "Padrón", "Pedrón" e "Padornelo" fan moitas veces referencia a unha pedra singular, probablemente arqueolóxica, un marco, un menhir, un miliario. É análogo ao portugués pedrão o padrão, para os que Machado (DEP) dá a seguinte atestación do século XIV:
“acharom sobre uũ pedram letras escritas dentro da pedra”.
Por veces estes "Pedrón" e "Padrón" corresponderían con demarcacións de territorios na época medieval.
Corominas apunta a posibilidade de que algún deles remonte en realidade a un celtismo petronu, adxectivo formado sobre petru, que nas linguas celtas é o número "catro", en referencia a unha encrucillada ou xuntanza de catro camiños (cf. Corominas, DCECH, s.v. padrón).
As PEGUEIRAS (Riobarba)
Posiblemente a orixe estea no latín picaria, lugar de extracción de brea, onde se prepara a pez (= latín pix, picis).

PEITOURO (Cabanas)
Debe remitir a un antigo posesor do lugar chamado Pai(o) Touro, sendo Touro o alcume ou apelido.
A PELOUREIRA (Cabanas)
Este topónimo remite a un lugar onde abundan os "pelouros" 'grandes pedras redondeadas'.
O apelativo "pelouro" alteración de *peroulo, provén de pedroulo, derivado de pedra. As evolucións de "pedra" para formas máis simples cristalizaron na toponimia, así se rexistran os topónimos "Parafita" 'pedra fita".
PENA da BÓUTARA (Suegos)
Coidamos que o máis probable é que "bóutara" (="bouta", tola) , neste caso, non corresponda a unha caracterización de comportamento humano, senón que proveña de "Pena do boutre", sendo a evolución a "bóutara" por etimoloxía popular, ao terse perdido o significado de "boutre".
Porén, o sufixo átono -ara, o mesmo que en Gándara, Lóuzara, etc, parece levarnos para unha orixe prerromana. Hai un topónimo "Móutara" nun monte nas Nogais, que podería estar relacionado nesta dirección.
PENA da CATAVERNA (As Negradas)
Probablemente un termo prerromano. Véxase explicación detallada na entrada específica do blog Pena da Cataverna.
A PENA da VELA (Suegos, San Román)

Está atestada no Catastro de Ensenada para San Román (1753), ao establecer os límites da freguesía:
.. "enel campo da cruz se va en derechura al sitio que llaman pena da vela" ...
Nestes topónimos, "vela" remite a "sentinela", indicando posto de vixilancia, defensiva ou do gado. Existe unha grande cantidade de topónimos "Pena da Vela", "Monte da Vela", que confirman esta orixe.
PENA do MASCOTO (As Negradas)
Monte MASCOTO (As Negradas)
O termo "mascoto", aínda que non se conserve no galego actual, si se conserva en portugués, e é unha especie de "mazo", ben grande de metal ou ben de madeira. Cf. Priberam. En galego si se rexistra "mascota" 'maza de canteiro'. Cf. DdD.
As varias "Penas do mascoto" e "Monte do mascoto" existentes na xeografía galega referirían metaforicamente á forma de mazo que presenta a pena ou monte.
Alternativamente, podería ser un termo orónimo prerromano que incluiría o coñecido elemento "coto".
A PENA DOS BOIS (As Negradas)
A PENA DO BOI (As Negradas)
O termo "boi" neste topónimo, pode provir ben do significado obvio, ou ben da raíz prelatina *boi- "rocha, pedra", e por tanto reforzaría o significado, "Pena das Rochas".
Autores como J. M. Piel identifican os relativamente frecuentes topónimos "Boi" co animal do mesmo nome. No entanto, pode tratarse dunha homonimia, e tratarse dunha raíz prelatina; de feito, moitas veces na toponimia galega os topónimos boi son relacionados con penas e rochedos ou penas (A Pena dos Bois, Boi Louro, Boi Pardo, Pedra de Boi, Serra do Boi). Se for este o caso, aludiría á situación ao pé dun penedo.
Dada esta homonimia, é dificil separar as alusións zoonímicas das litonímicas. Hai casos complexos de distinguir isoladamente, así as "Pena dos Bois" existentes en Muras e nas Negradas poden tanto aludir á forma das penas, como tamén a unha tautoloxía na cal "Bois" teña unha orixe litonímica.
Nalgúns casos, a alusión zoonímica é improbable, a non ser que fose metaforicamente pola forma dos penedos, como pode ser no caso do cantil do "Porto dos Bois" en Portocelo ou do con "Os Bois" en Foz, ou de puntas costeiras como "Os Bois" de Cariño.
Por outro lado, hai casos como "O Chao dos Bois" e "O Campo dos Bois" que semellan aludiren a un lugar onde se reunirían estes animais domésticos, para pastar ou para outras actividades.

PENA do RODEIRO (As Negradas),
Tanto neste caso como en xeral, na toponimia un "rodeiro" alude a un outeiros ou montes de cumes chans ou redondeados (Cf. Cabeza Quiles).

AS PENAS DO GATO (Mosende)
Este topónimo debe aludir, máis que ao animal indicado, ao apelido ou alcume dun antigo propietario do lugar., igual que o Chousón do Gato. Ver CHOUSÓN DO GATO.
PENAFITA (O Vicedo)
Situado no promontorio da "Vixía do Vicedo", aínda que non o recolle a toponimia da Xunta, si vén recollido (aquí).
Deriva do latín pinna ficta 'pena fincada'.
Situado no promontorio da "Vixía do Vicedo", aínda que non o recolle a toponimia da Xunta, si vén recollido (aquí).
Deriva do latín pinna ficta 'pena fincada'.
AS PENAS do GATO (Mosende)
Ver O CHOUSÓN DO GATO.
Este é un topónimo relativamente frecuente en Galiza, e non ten relación co alimento para animais, senón probablemente deriva de pensum, participio de pendere. Indicaría, por tanto, "terreo en pendente".
O PEREIRO (Varios)
O COTO DO PEREIRO (San Román)
Os PEREIRÓS (San Román)
A orixe do topónimos "Pereiro(s)" pode estar relacionada con pirariu, coa árbore que da peros ou con petrariu ''lugar pedreiro, pedregal'. Nalgúns casos, como no Pereiro existente nas Negradas, dada a orograría onde se ven as penas, parece probable a orixe en petrarium.
No caso d'Os Pereirós, trátase da forma en diminutivo de "Pereiros". O uso deste diminutivo non se mantivo alén da Idade Media, polo que este topónimo é ben antigo.
O Pereiro (S. Román) atestado no Catastro de Ensenada para San Román (1753), ao referir os muíños existentes,
O PERROGAL (Riobarba)
Ver O PARROGAL.
A PETEIRA (San Román)
Probablemente referindo a lugar ou elemento que sobresae do terreo. Ten orixe, tal como petón, petouto, na raíz oronímica prelatina *pett- 'prominencia, cume'. A forma en masculino "peteiro" ten a acepción de "conxunto de plantas que se distingue do resto, sobre todo nas leiras, pola sua espesura ou altura". Na toponimia pode ter en femenino o mesmo significado.
Por outro lado, os dicionarios de Estraviz e de Leandro Carré rexistran para "peteira" a acepción de "terra com abundancia de plantas de varias familias, para que non se desenvolvan moito".
O PETÓN (Riobarba, Mosende)
O nome "petón" indica un cume, un picouto, en particular cando se trata dun monte agudo (cf DdD). Outras veces alude a unha rocha en punta que sobresae do mar ou próxima á superficie. Porén, non é o caso nestes topónimos en concreto.
Os PETOUTOS (As Negradas)
O apelativo petouto figura nos dicionarios co valor de elevación, coto, penedo (cf. DdD).
Esta familia de termos petouto, peteiro, petón, petar, teñen orixe na raíz oronímica prelatina *pett- 'prominencia, cume'.
Os PIAGOS (Suegos)
Os termos "peago" e "piago" refiren a unha poza profunda de auga, xeralmente nun río. En efecto, este termo é definido por Piel como
"sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. M. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945).
As PICARÍAS (As Negradas)
Posiblemente a súa orixe sexa do latín piccaria ou picaria (lugar de extracción de brea), ainda que semella estraño que neste caso non tivese evoluído para "Pegueiras" ou "Pigueiras", como se recolle noutro topónimo do concello.
A PICOTA (Suegos)
A PICOTA DE ABAIXO (Suegos)
A PICOTA DE ARRIBA (Suegos)
O termo "Picota" ten dúas acepcións principais a de "cima dun monte" e a de "o pau espetado, poste ou columna no que se executaban as sentenzas ignominiosas impostas aos criminosos".
No caso que nos ocupa, trátase de tres curutos de monte, situados entre O Folgueiro e Suegos. Por tanto, remiten á primeira acepción.
O PICOUTO (Cabanas)
Este lugar está atestado no 1753 no Catastro de Ensenada para Cabanas, ao indicar os límites da freguesía.
O topónimo é formado polo sintagma "Pico Outo", no cal "outo" é a antiga forma do adxectivo "alto", que quedou fosilizado na toponimia. Remite por tanto a un pico orográfico elevado.
Hai outro Picouto en Xuances (Xove.)
O PINAL DO BISPO (San Román)
O termo "Bispo", do latín episcopus, pode deberse ao uso deste como alcume ou sobrenome familiar. Alternativamente, talvez indicase unha antiga pertenza á xurisdición episcopal.
É tamén preciso ter en conta que o termo "Bispo" como elemento onomástico persoal é frecuente na documentación altomedieval. Cf. p.158 de A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)".
O PIÑEIRO (San Román)
O topónimo Piñeiro remite á existencia dunha árbore deste nome.
Tanto nestes casos como en xeral na toponimia, é frecuente atopar este nome en singular, o cal pode aludir a un piñeiro illado que constituía unha referencia no territorio, nalgúns casos como linde.
Tal como indica Gonzalo Navaza, resulta curioso o feito de ser moito máis frecuente como topónimo a forma simple, Piñeiro, que as formas en plural, Piñeiros, ou as colectivas,. Parece ser que a explicación é que esta árbore se estendeu tardiamente en Galiza, sobre todo desde o século XVIII, e que ata entón xeralmente eran exemplares illados.
O PÍO (San Román, Suegos)
O termo "pío" ten múltiplas acepcións, mormente a de maseira de pedra ou de madeira. Polo xeral na toponimia alude a un recipiente de pedra, que puido ter un uso para acumular a auga da chuvia ou a que brota dunha fonte, ou ter uso para morteiro dalgún tipo.

Poden aludir concretamente á existencia de píos para a industria artesanal da pel, xa que os píos eran os recipientes nos que se alagaban as peles con casca de piñeiro (pío de casca) ou con cal (pío de cal) co obxectivo de eliminar delas os restos orgánicos e proceder ao seu curtido (cf. L. Carrasco e G. Navaza, 2014. "Toponimia do Val de Fragoso").
O PLANTÍO (O Vicedo)
Este topónimo, rexistrado na maior parte dos concellos, refire en xeral a un abundancial de plantas. Probablemente moitos dos topónimos "Plantío" remitan a "Plantíos Reais", que tiñan o obxectivo de prover madeira aos estaleiros da Armada. Probablemente fanreferencia ás Ordenanzas Reais (e.g. a de 1748 de Fernando IV), que impuxeron a reserva en cada concello dun espazo para plantío de árbores. Indica Carlos Breixo a constancia da existencia dos Plantíos Reais en Galiza a partir do reinado de Filipe II. As árbores que se plantaban nesta zona eran dous tipos de carballos, freixos, e nogueiras. Cada veciño da freguesía na que había un Plantío Real tiña a obriga de plantar un número determinado de árbores e coidalas durante uns vinte e cinco anos (cf. C. Breixo, "A vila das Pontes no catastro do Marqués de Ensenada" in Hume n. 8). Os Plantíos Reais desapareceron como tales no século XIX, ao ser vendidos por non se usaren xa para os buques da Armada.
Igual interpretación, de referencia a ordenanzas reais, fai Pascual Riesco (cf. P. Riesco. "Paisaje y territorio en la toponimia menor de un pueblo sayagués: Escuadro").
Neste sentido, é interesante a acepción de ‘terreo de castiñeiros’, que recolle Marqués Valea na zona de Trabada (cf. X. Marqués, 2004. "A toponimia de Trabada").
Por outro lado, Navaza dálle unha acepción xeral, de "lugar onde se plantaron vexetais recentemente" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Os PLEITOS (Cabanas)
Topónimo transparente, probable alusión ás disputas entre particulares polas lindes ou pola propiedade do predio.
A PONTE DO PORTO (Riobarba)
Topónimo referido á existencia dunha ponte nun "porto" de río. Ou sexa, antes da existencia da ponte xa era un vao, un lugar por onde se cruzaba o río.
En efecto, os dicionarios de galego rexistran as tres acepcións de porto, tanto a de "porto de mar" como a de "vao no río, sitio por onde se pode atravesar" e a de garganta por onde se atravesa un monte.
Por outra banda, é interesante reparar que Ferreira Priegue vencella os Portos con postos nos que se cobraba unha pasaxe, imposto ao tráfico de mercadorías, un portus: "En el imperio romano un portus era un puesto fiscal donde se pagaban impuestos de circulación y tráfico de mercancías (portorium) de tipo de los posteriores peajes y portazgos". Cf. E. Ferreira 1988. "Los caminos medievales de Galicia". Ourense 1988.
Houbese "imposto de pasaxe" ou non, neste lugar, antigamente un núcleo de poboación, sitúase unha antiga ponte que cruza o río Sor que podería tratarse dunha ponte medieval, pertencente ao antigo camiño real entre Viveiro e Ortigueira.
PONTIDE (Suegos)
Posiblemente deriva de "ponte Titi", referindo a unha ponte de Titus.
A evolución Ponte Tide para Pontide é común na toponimia, por haploloxía (evitar a repetición silábica). C
Os PONTIDES (As Negradas)
Terreos de "Pontide", ou sexa, terreos que pertenceron a unha persoa orixinaria de Pontide (Suegos) ou apelidada "Pontide".
PORCHEU (Cabanas)
O PORGALLAL (Mosende)
Terreos de "Pontide", ou sexa, terreos que pertenceron a unha persoa orixinaria de Pontide (Suegos) ou apelidada "Pontide".
PORCHEU (Cabanas)
Remite ao nome dun antigo posesor, deriva dun sintagma "Pero Cheo" . É unha síncope frecuente, así en Ourol temos Poramigo (Ourol) dun Pero Amigo e Porcao de Pero Cao, ou un Pordomínguez.
Remite ao nome dun antigo posesor, deriva dun sintagma "Pero Grallal" ou "Pero Gallardo". É unha síncope frecuente, así en Ourol temos Poramigo (Ourol) dun Pero Amigo e Porcao de Pero Cao, ou un Pordomínguez.
Como curiosidade, en Monterroso atopamos un San Pordinso, que debe remitir a un oriúndo de San Pedro de Incio, a uns 50km de alí.
Aínda que o apelido Grallal non é frecuente na actualidade, o marqués de Grallal (Covas, Viveiro) tivo varios coutos na Idade Media, e aínda figura no Catastro de Ensenada para varias freguesías que lle debían renda.
A elisión do segundo -r- tería ocorrido por disimilación (o mesmo que *traberna > taberna).O PORTOBOO (Riobarba)
PORTOBÓ (Riobarba)
Está atestado no Catastro de Ensenada para Riobarba (1753), como "Reigada" ao establecer os muíños existentes:
Está atestado no Catastro de Ensenada para Riobarba (1753), como "Reigada" ao establecer os muíños existentes:
.. "al sitio de Portobo" ...
O topónimo remite, xa que logo, a un lugar propicio para cruzar o río, con pouca profundidade.
Composto de"porto vedro", remitindo a un porto vello, antigo. O lugar queda nunha pequena enseada na ría, e antigamente serviría, por tanto, de lugar de atraque de botes, o cal aínda ocorre na actualidade.
PORTODOMINGOS (Riobarba)
Topónimo que alude a un "Porto Domingos", porto pertencente a unha persoa de nome Domingos, nome tradicional galego para Domingo.
Localízase aquí tamén un "Muíño de Portodomingos" que clarifica o contexto e confirma que o "porto", neste caso, alude a un paso de río.
En efecto, os dicionarios de galego rexistran as tres acepcións de porto, tanto a de "porto de mar" como a de "vao no río, sitio por onde se pode atravesar" e a de garganta por onde se atravesa un monte.
A POULA (Suegos)
Do latín ad pabula, "terreo ou prado deixado temporalmente para pasto".
Do latín ad pabula, "terreo ou prado deixado temporalmente para pasto".
POULO (As Negradas)
O mesmo que "Poula" (ver máis arriba).
O POUSADOIRO (As Negradas)
O "pousadoiro" designa "sitio de descanso", "lugar do camiño, por veces un poio, onde se pára para pousar a carga transportada nas costas ou na cabeza" (cf. DdD). Semella tamén axeitada e concreta a definición antiga dada por Viterbo: "lugar que ficaba no fin e termo de algunha subida, onde naturalmente depón o seu peso e descarga o camiñante, o xornaleiro" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798).
No caso concreto das Negradas, este lugar quedaba despois da costa da "Congostra", o cal confirma o significado do topónimo.
A POXETA (As Negradas)
A PUXETA (Mosende)
O termo "poxeta" ou "puxeta" refírese a un tipo de xesta, e figura recollido no Atlas Lingüístico Galego (cf aquí).
O termo recóllese en toda a zona, así por exemplo "A Puxeteira" nas Somozas, "A Pena da Puxeta" no Viveiró (Muras), "O Poxetal" en Cedeira, e "Puxetal" en Cerdido, ambos co sufixo abundancial usado para plantas e outros.
PRUMASDOURO (As Negradas)
PRUMARDOURO (As Negradas)
PLUMAR DE OURO (As Negradas)
A forma "Prumar-douro" dános a pista sobre a orixe do topónimo: "Pumar d'ouro". Sendo "pumar" unha plantación de árbores froiteiras, maiormente maceiras ou pereiras.

O termo "de ouro" remitirá á excelencia deste "pumar". No entanto, "Ouro" tamén podería ser un hidrónimo, derivado dunha forma prerromana *Aurio, tal como ocorre no caso do río Ouro, na Mariña.
PUNTA da SAMESUGA (As Negradas)
A "samesuga" é un verme que suga o sangue (do latín sanguisuga, "sangue-suga"). Outrora usado na medicina tradicional para sangrar feridas, curar derrames, etc.
A PUNTA DOS MONXES (Suegos)
O nome deste pequeno cabo, "dos monxes", pode ser no sentido de "dos munxes", punta "onde abondan os munxes", xa que na zona de Viveiro chámase "monxe" ao peixe mugil cephalus.
É frecuente a referencia a peixes na toponimia costeira, así temos un "Pozo dos Monxes" na foz de Cervo, "A Bogueira" en Barreiros, a punta "Besugueira" en Burela, a "Punta dos Mógaro" en Nois, "Punta de Anguieira" en San Cosme, etc.
PUNTA GUINDADOIRO (O Vicedo)
O topónimo remite a un lugar na costa onde cargarían material nos barcos guindando desde terra.
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para Sto. Estevo de Vale (1752), ao referir os límites da freguesía.
A voz "quelle" é sinónimo de "cale" ou "canle", tanto no sentido de "canal" como no de "declive, pendente, parte baixa dunha finca ou monte".
Noutras zonas chámase "quella" (con grafía quelha en portugués), así como as correspondentes formas nas que a nasal evoluíu para "n", dando "quenlle" e "quenlla".
Tamén podería remitir ao apelido dun antigo posesor deste predio. O apelido Quelle abunda na mariña Occidental, tendo a maior frecuencia no concello de Xove.
As QUINTAS (As Negradas)
Sendo plural e nun terreo onde non consta que tivese habido edificacións, non parece que veña de "quinta" no sentido de "casa de campo con herdade arredor", senón que podería ter derivado dunha partilla de finca efectuada a quintas, ou ben dun pagamento de foro consistente nas quintas partes do producido pola finca.
Sería un caso análogo ao de "As Tercias", que é tamén bastante frecuente na toponimia galega.
Rexístranse tamén en moitos outros sitios en Galiza, como e.g. en Mañón e en Burela.
As REGAS do POLAIMO (Cabanas)
Unha "rega" é definida como "angostura formada pola unión das faldas de duas montañas, que costuma ser cauce dun rego (cf. DdD). Sería por tanto un "Pequeno vale polo que discorre un rego."
É xeralmente admitida unha orixe prerromana, dunha raíz paleoeuropea *rek-. Cf. E. Bascuas aquí.
Canto a "Polaimo", posiblemente sexa referido a "Pelamio", lugar onde houbo curtidorías de pel. Cf. Cabeza Quiles "Os nomes de lugar".
Tamén pode vir referido a posesores que fosen curtidores.
É un topónimo frecuente, incluíndo as formas "Pelaimo" e "Palaimo". A pronuncia "-o-" por "-e-" é debido á variabilidade articulatoria en galego das vocais átonas. Así, existe, por exemplo, "Palaimo" en Ourol.
REGO BILLÓN (Riobarba)
O REGO DO ABELLÓN (As Negradas)
Tanto "Billón" como "Abellón", como "Vellón" que atopamos noutros lugares son hidrónimos con raíz prelatina. Ver máis enriba "ABELLÓN" para máis detalles.
REGO de ANIDO (As Negradas)
O topónimo "Anido" ten unha orixe na hidronimia prerromana, formado en base a un tema *an(n)-. Este tema foi estudado por Bascuas (cf. pp. 429-431 de E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses" 17), que o vincula co radical céltico *an- ‘poza, pantano, lama’, do que deriva o galo anam ‘charco, poza’ ou o topónimo Guadiana (< wadi Ana).
Dada a terminación no sufixo "-ido", abundancial, podería indicar un lugar onde abundan as "pozas", e de feito é o nome dun rego.
Este tema *an(n)- é frecuente na toponimia galega, así Ares (< *an-aris), Ar (< *an-are). É importante notar tamén a existencia do topónimo "Aneiros", que parece confirmar a "anido" como abundancial de "aneiro". Este abundancial non cremos que sexa de planta, pois -ido non sempre indica abundancial de planta, e.g. "pedrido".

Cabeza Quiles propón unha orixe en "ameneiro" > *amneiro> aneiro (do mesmo modo que somnu> sono (cf aquí), non o cremos probable, dada a existencia de topónimos como "Anero" en Cantabria, onde correspondería un **Añero.
Finalmente, cremos que outros topónimos tales como "Anilleiro", "Anilleira" poden ter tamén a mesma orixe temática.
"Anido" é un topónimo frecuente en toda a Mariña (Mañón, A Rigueira, Cangas).
REGO do ARO (San Román)
Posiblemente o significado de "Aro" estea relacionado coa raíz hidronímica prerromana *ar-, presente en moitos ríos europeos, e en particular en moitos "rego de Aro" da comarca.
Para máis detalles, ver a entrada específica de blog Pena da Cataverna.

REGO de OLA (Mosende)
Está atestado en 1753 no Catastro de Ensenada para Mosende, na demarcación da freguesía:
.."orillas de la mar al Rego que llaman de Ola y de este sube al sitio de Cruz de Moreiras"...
O nomenclator rexistra outro Rego de Ola en Portocelo (Xove).
A motivación de "ola" neste caso é a acepción en galego (e en port.) de "remuíño que fan as augas nun río" -cf. F. J. Rodríguez (1863): "Diccionario gallego-castellano"). É unha voz de orixe prerromana, a partir do indoeuropeo *wel- "facer xirar". - Cf. E. Bascuas (2000): "Ulla, Veleia y otros derivados de la Raíz indoeuropea wel- 'hacer girar'".
O REGO DE PAZ (Cabanas)
Remite a unha persoa de apelido Paz, que tería terras á beira deste rego.
Probablemente corresponda co significado obvio, talvez remitindo a un rego de pouco caudal.
Tamén é interpretado cun significado hidronímico e unha orixe prerromana (cf. aquí).
Este topónimo, frecuente en Galiza, hai outro "Rego dos Sapos" en Muras, outro en Ortigueira, etc.
REGO ESCURO (Riobarba)
As REGOÑAS (Riobarba)
Regoña deriva de "rega". O dicionario defínea como "baixada dun monte na que costuma haber pastos no verán." Cf. DdD.
A REGUEIRA (Suegos)
Toponimo frecuente en Galiza e de significado transparente. Os dicionarios de galego definen regueira como "canle por onde baixa un rego de auga" (cf. RAG).
REGO ESCURO (Riobarba)
O nome deste topónimo aludirá ao rego que pasa preto, chamado Rego dos Bois, que desauga preto da Ponte do Porto.
Canto á motivación para adxectivar un rego como escuro, podería aludir á arboreda espesa que tería nas súas beiras, e ser por tanto unha adxectivación oposta á de "claro", "clareira", que remite a espazo sen árbores.
O PTG rexistra outro Rego Escuro en S. Martiño de Mondoñedo (Foz).
Regoña deriva de "rega". O dicionario defínea como "baixada dun monte na que costuma haber pastos no verán." Cf. DdD.
A REGUEIRA (Suegos)
Toponimo frecuente en Galiza e de significado transparente. Os dicionarios de galego definen regueira como "canle por onde baixa un rego de auga" (cf. RAG).
As REIGADAS (Riobarba)
Do latín radicatas, posiblemente indicando terras nas que abondan as raíces. Existe o verbo "arreigar", "botar raíces". Cf. aquí.
Do latín radicatas, posiblemente indicando terras nas que abondan as raíces. Existe o verbo "arreigar", "botar raíces". Cf. aquí.
Está atestado no Catastro de Ensenada para Riobarba (1753), como "Reigada" ao establecer os muíños existentes:
.. "uno al sitio da Reigada" ...
O REIPAZ (Cabanas)
É probábel que poveña dun Río de Paz ou Rego de Paz, este último tamén rexistrado nesta parroquia. Remite, xa que logo, a unha persoa de apelido Paz, que tería terras á beira deste rego.
A forma sincopada Rei- por Rego/Río é relativamente frecuente na toponimia galega.
REMOSENDE (O Vicedo -lugar de Ruño)
O topónimo remite a unha *(uilla) *Remesindi, forma en xenitivo de Remeesindus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, explotación agrícola) altomedieval á que alude este topónimo. É un nome de orixe xermánica.
É importante notar que, aínda que non corresponde na actualidade cun núcleo de poboación, é moi probable que ese lugar fose unha uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola), que é o que acontece polo xeral neste tipo de topónimos, polo menos en Galiza.
O Nomenclator rexistra un núcleo de poboación Remosende en Samarugo (Vilalba).
Probablemente "Rendo" sexa un derivado do latín ranetam 'lugar onde abundan as ras' (cf. J. Piel, "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966). Sería, por tanto, descritivo dunha zona alagadiza.
Tampouco se pode desbotar que "Rendo" se trate dun alcume do (antigo) posesor do terreo. No entanto, cremos descartable a hipótese que temos visto de que derive dun nome de posesor Randus, de orixe xermánica: a evolución de Rando > Rendo é moi improbable, en canto que o "a" tónico talvez sexa a vogal máis estable no galego.
O REQUEIXO (O Vicedo)
O dicionario define "requeixo" como "baixada dun monte en declive para un vale" (cf. DdD) ou tamén lugar apartado, nun recanto.
Estes topónimos, frecuentes na toponimia galega e moitos xa atestados na Idade Media, aluden polo xeral a recunchos ou recantos no terreo, por veces xerados por ángulos do río e outras veces remitindo a pregas e entalladuras montañosas.
No galego das Médulas (León) aínda se conserva viva esta voz, co significado de ‘Terreo resgardado; quebra do terreo; vagoada pendente e resgardada’ (cf. F. Bello, "Lexico, literatura y tradición oral en el entorno de las Médulas").
Segundo Bascuas, viría da forma prerromana *rek-, presente en palabras como rego (con "e" aberto), e do sufixo -asio, presente en topónimos como "Arteixo"(cf. E. Bascuas, VERBA, 2000).
O RESTREBÍO (Mosende)
As "restrebas" (do latín restipula) son as couces das pallas ou canas de cereal que quedan presas á terra despois da sega. Sinónimo de restreba é "restrollo" en galego (restrolho en portugués). En portugués existe co mesmo significado e mesma orixe "resteva".
En canto a "Restrebío", remite a un lugar con restrebas.
A motivación destes topónimos puido ser a de indicar que se acostumaba plantar cereal neles, e deixalos coas restrebas, en barbeito. Despois, as restrebas arábnse e plantábse outra cousa, quer millo, patacas, etc.
No séc. XVIII indícanos Martín Sarmiento que a resteba aludía á segunda sementeira: "en Pontevedra, despois de coller o trigo ou centeo, árase e seméntase o millo ou o millo miúdo ou o paínzo ou outro fruto na mesma terra".
A REVOLTA (Riobarba)
O termo "revolta" refire unha curva de río. Cf. DdD. Tamén ten esta acepción en portugués. Cf. Priberam.
O RIAL (Riobarba, Suegos)
O termo "revolta" refire unha curva de río. Cf. DdD. Tamén ten esta acepción en portugués. Cf. Priberam.
O RIAL (Riobarba, Suegos)
Está atestado no Catastro de Ensenada para Suegos (1753), ao establecer os límites da freguesía:
.. "siguiendo rio abajo a dar en el sitio do Rial" ...O lugar de Mosende deste nome tamén está atestado no Catastro de Ensenada para Mosende (1753), ao establecer os muíños existentes:
.. " al sitio do Real" ...
Trátase dun hidrónimo, e deriva probablemente do latín (locus) rivalem, "sitio á beira do río, ribeirán". Esta é a hipótese de J. M. Piel, para quen as formas "Real" e "Rial", frecuentes na toponimia menor de ríos, serían formadas a partir de "río", o mesmo que "ribeiral" a partir de "ribeira" (cf. "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945).
Estes topónimos acostuman nomear veigas ou terras situadas á beira dun curso de auga.
O Nomenclator de Galicia rexistra un "Río do Real" en Muras.
A RIBADIÑA (Riobarba)
Diminutivo de "ribada". Unha "ribada", "arribada" ou "ribazo" designa un pequeno terraplén entre dúas fincas. Cf. DdD.
O RÍO DA ARCA (As Negradas)
O termo "arca" indica polo xeral un dolmen ou túmulo descoberto. As "arcas" ou "mámoas" eran usadas frecuentemente como marco entre dúas comunidades, e por iso, ás veces "arca" indica un antigo marco divisorio.
RÍO SOR (Varios)
O topónimo "Sor" é de orixe prerromana, como a maioría dos grandes ríos europeos. Ver a entrada Río Sor para máis detalles.
A RUDA (Suegos)
Podería vir do nome de varias plantas chamada "ruda". Cf. DdD.
Tampouco podemos desbotar que veña do alcume dunha antiga posesora.
O RUDEIRO (As Negradas)
Ver "PENA DO RODEIRO".
O SAPEIRO (Riobarba)
Topónimo transparente, indicando un lugar no que abundan os sapos.
Hai tamén numerosos "Sapeira" en Portugal, para os que que Machado (DOE, p. 1312) interpreta como “sinónimo de Sapal, terra alagadiça”, aínda que tamén admite a acepción literal ‘lugar no que hai sapos’. En Portugal tamén aparecen Sapeiros, Sapainho, Sapagal, Sapal.

A SARTÁN (As Negradas)
A SERTÁN (As Negradas)
ASARTÁN (As Negradas)
O adxetivo "sertán" refire a un ‘terreo pouco fondo, con exceso de humidade, pouco produtivo e de mala calidade’ (cf. DdD).
"A sartán" trátase, por tanto, dun antigo adxectivo substantivizado. Pola comarca hai máis Sartán, como e.g. en Celeiro (Viveiro).
O SEIXAL (As Negradas)
O SEIXO (As Negradas)
O SEIXO BRANCO, O (Riobarba, San Román)

Un "seixal" remite a un terreo no que abundan os "seixos".
En canto a "seixo", é unha voz común no galego, derivada do latín saxu ‘pedra grande, rocha’. Ten dúas acepcións: “pedra dura de pequeno tamaño, xeralmente lisa e arredondada” e tamén un “tipo de rocha xeralmente branca e moi dura”.

Nos usos toponímicos, un "Seixo" en singular remite a un penedo de seixo, por veces a unha pedrafita, que serven de marco. Un exemplo deste uso témolo no Catastro de Ensenada (1752,1753), no cal é común para toda a zona da Mariña, Ortegal, etc ao referenciar os límites das freguesías, sendo moitos marcos o nome de "Seixo de ..". Así, no Catastro de Ensenada de Foz (1753), ao definir os límites desa freguesía:
".. siguiendo por la vega de Escanlar a un Seijo blanco que en ella se halla .."
Para o caso do Seixo das Negradas, o lugar presenta unha pequena afloración de penedo de seixo, polo que semella confirmar a indicada motivación.
Orixe incerta. Podería provir da palabra de orixe prelatina *seles, plural de *sel. Este nome pervive na toponimia de Asturias, Cantabria e Biscaia, significando "campeiro onde acostuma sestear o gado". Cf. aquí e aquí.
SOBORCOCIÑA (San Román)
Este nome, que inclúe o sintagma Sobor Cociña ("sobre a cociña"), pode aludir á situación destas terras, sobre un antigo núcleo de poboación de COCIÑA, que descoñecemos, aínda que si figura rexistrado un lugar de Cociña na veciña freguesía de San Román.
SOBOR DA COCIÑA (San Román)
O nome alude á situación destas terras, sobre do antigo núcleo de poboación de COCIÑA, que existiu ata polo menos os finais do século XIX, cando figura atestado no censo electoral de 1879 como Cociña.
O SOUTO (varios)
Do latín saltum, que orixinariamente significaba "paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro"; despois pasou as significar "bosque de castiñeiros e por veces de carballos".
A importancia da castaña na alimentación en Galiza era máxima até a introdución da pataca, daí a abundancia dos topónimos "souto" en Galiza.
SUA IGREXA, SUAS REGAS, SUPRADO, SUCAMIÑOS
Todas estas formas compostas que proveñen, respectivamente, de So a Igrexa, So as Regas, So Prado, So Camiños.
A preposición "so", derivada do latín sub, é polo xeral interpretada co significado de "debaixo de". É de notar que, para sermos precisos, non sempre indica unha situación "pola parte de baixo de", senón que ten un sentido máis xeral como "ao pé de", "a carón de", "pegado a " (cf. J. Gª Sánchez. "El elemento 'sub' (>so) en toponimia. Reconsideración de su valor").
SUELA (As Negradas)
Xa indicou J. M. Piel un topónimo "Soela" atestado en Portugal no século XIII, que derivaba de Sunila, nome do antigo posesor, nome de orixe xermánica, da raíz sunja- 'verdade' (alternativamente de sona 'expiación') e máis de hild 'batalla'. Cf. "Soalhães", p. 349, J. M. Piel "Os nomes germânicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo II.
O mantemento do -l- sería pola evolución a partir de Sunildi, co grupo -ld- > -ll- > -l-.
É importante notar que, aínda que o nome sexa de orixe xermánica, isto non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media, usados independentemente da procedencia da persoa.
Así mesmo, tamén é de notar que, ao non corresponder na actualidade cun núcleo de poboación, puido referise a un agru/fundu, porén, para moitos deles hai evidencias de seren antigamente lugares habitados, concretamente unha uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola).
TALARRIBAS (As Negradas)
Formación composta por "Tralas Ribas", remitindo a unhas antigas fincas de labranza situadas máis aló das ribadas existentes (na zona que queda por cima desas ribadas).
Dun punto de vista formal, é interesante notar a disimilación de vibrantes que leva a suprimir a primeira delas (*Tralasribas > Tralarribas > Talarribas), caso análogo ao dos topónimos Tarrío < Tras río. Tecnicamente é unha evolución normal por haploloxía de consoantes laterais, común no galego desde ben cedo (cf. lat. aratru > *aradro > arado).
O TALLADO (As Negradas)
Remite á orografía do terreo, indicando que está tallado, cortado, que ten un desnivel brusco.
O TARREO DAS ÁNIMAS (San Román)
As denominacións Misas, Lámparas, Aceite, Santísimo, Aniversario, Ánimas, Novena, Responso, entre outras, costuman referirse a terreos que estaban ligados a ofrendas relixiosas. Así se documenta, por exemplo, no caso da provincia de Palencia (cf. G. Ortega, "Sociedad y transmisión oral en la toponimia menor palentina").
O topónimo aludirá á produtividade ou cabida do predio, de "medio ferrado de pan". Un "tego" era unha medida superficial e mais de gra, equivalente a medio ferrado.
O termo "pan" confirma esta interpretación, neste contexto fererindo á gra (cereal).
O TEIXEIRO (Mosende)
Este apelativo tén dúas acepcións. A primeira, talvez máis probable, é a de sinónimo de teixido, lugar onde abundan as árbores chamadas teixos ('taxus baccata'). Alternativamente, é tamén un lugar onde abundan ou crían os "porco teixos", "teixugos"(cf. DdD).
TEIXEDAS (San Román)
Lugar que está ou estivo poboado de teixos, árbore conífera de nome científico Taxus baccata.
AS TERCIAS (Cabanas, Mosende, Riobarba, Suegos)
Posiblemente derivado dunha partilla de finca efectuada a terzas, ou o "terzo" da herdanza que as leis deixan á libre disposición do testador.
Rexístranse tamén "Cartas" nas Negradas, etc.
TIXOSO (O Vicedo)
Forma evolucionada de "toxoso", lugar caracterizado pola abundancia do toxo.
A evolución toxoso > tixoso é a mesma que a de foxoa > fixoa, e trátase dun fenómeno común no galego, de palatalización da vogal átona pretónica fronte de consoante palatal ('ñ', 'll','x'). Cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega".
A TORNA (San Román)
O TORNO (As Negradas)
Os topónimos "Torno" e "Retorno" son de orixe prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada específica de blog Pena da Cataverna para máis detalles.
A TORRE (As Negradas, Riobarba -lugar do Chao, Suegos)
Os topónimos non se refiren estritamente a torres, senón a casas-torre, casas fidalgas ou casas grandes, de labradores ricos.
Son topónimos, por tanto, con valor histórico.
O TORRILLÓN (As Negradas)
Lugar onde hai un barranco pronunciado. A priori, o termo parece derivado de "torre", e esta é a acepcion clásica para o termo. Sendo unha localización perto da ría do Barqueiro, podería ter sido unha torre de vixiancia, ou ben restos de castro. Porén, a zona non semella axeitada para torre de vixiancia, por non ter visibilidade axeitada. Tampouco se coñece ningun resto de edificación ou habitación na zona.
Cremos máis probable interpretalo con orixe prerromana, quer no tema *tur- 'altura', quer na raíz indoeuropea *ter- 'frotar, fluír' ou da tamén raíz indoeuropea *twer- 'arremuiñar, precipitarse'.
Reforzando esta hipótese, está o feito de o sufixo -ón corresponder en moitos casos coa fixación de voces prerromanas (cf. aquí: F. Villar, "Estudios de celtibérico y de toponimia prerromana"). Hai topónimos análogos noutros lugares da Península, como varios "Torrija(s)", que ninguén deriva do famoso postre.
Se procuramos voces similares, podemos atopar o topónimo "Turullón" en Aragón, que se relaciona co apelativo turrujón ‘puntal, saliente de montaña’ que recolle Andolz en Ejea de los Caballeros (cf. "Diccionario aragonés. Aragonés-castellano y castellano-aragonés".4.ª ed. 1992). Esta acepción encaixaría perfectamente co topónimo galego.
Na Mariña hai outro Torrillón na Rigueira (Xove).
Os TRAVESEIROS (San Román)
Terreos ou agros cunha disposición transversal a outro lugar ou camiño que se toma de referencia.
Os VAGOS (As Negradas)
De "terreos vagos", do latín vacuus 'baleiro'. Os dicionarios recollen as acepcións de " terreos incultos", "terreo sen propietario", e "terreos sen produción, que se destina a servizos agrícolas, como os currais, as eiras".Cf. DdD.
Dada a situación neste caso, relativamente lonxe das casas, podería tratarse de terreos que, por algunha razón, quedaron sen cultivar ou sen propietario.
O VEDRO (As Negradas, Cabanas, Riobarba, San Román, Mosende, Suegos)
O VEDRÓN (Cabanas)
O termo "vedro" é definido en galego como "os vestixios dos valadares de terra, dos cercados antigos dos montes, rozas, estivadas, etc" (Cf. DdD). No portugués antigo tiña un significado similar: "valo, tapume, cómaro con que se cercan os campos e searas" (s.v. "vedro", in Viterbo, "Elucidário", 1798).
É de notar, tal como rexistan os dicionarios de galego, que nalgúns lugares "vedro" tomou a acepción máis específica de "monte de rozas, que se cava para cultivalo con trigo ou centeo", aínda que o máis probable é que se trate da acepción xeral indicada previamente.
A VEIGA DOS RENDOS (San Román)
Probablemente "Rendos" sexa un derivado do latín ranetam, lugar onde abundan as rás (cf. J. Piel, "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966).
Tampouco se pode desbotar que "Rendos" se trate dun alcume familiar dos (antigos) posesores da veiga.
A VELA (Riobarba)
Lugar de vixiancia. Ver "A Pena da Vela".
A VESURA (Riobarba)
As VESURAS (Cabanas)
É un topónimo moi abundante en Galiza, aínda que con significado incerto.Posiblemente derivado de "vesar", "Arar profundamente, virando a terra, de modo que a tona e o terrón vaian para o fondo do rego". Cf. RAG.
Praia de VIDREIRO (O Vicedo)
Este nome, aínda que semelle gardar relación co vidro ou co oficio relacionado, debe ter máis ben unha orixe diferent: nun mapa francés do 1793 vén recollida como "Pº de los Videiros", e o mesmo nun mapa español de 1917 ("Plano de la Ría del Barquero". GALICIANA). Este nome "Videiros" semella referirse a un alcume, pois os dicionarios de galego definen "videiro" como "facendoso, laborioso" (cf. GALICIANA).
O termo "viela" ten varios significados. Neste caso sería diminutivo de vía, "pequena vía". Cf. DdD.
VILLABRIL (As Negradas)
Foi un lugar habitado até época recente. O Diccionario Geográfico de Madoz rexistra que 14 persoas moraban nese lugar pore volta do ano 1850.
O topónimo remite ao nome dun antigo posesor altomedieval que debeu morar nese lugar. En concreto, debe provir de Uillare Berildi, remitindo á antiga posesora do vilar, nome de orixe xermánica. Tería evolucionado *Uillare Berildi>*Vilarbrille > Villabril. Pensamos que este lugar é o que figura atestado, nun pergameo mindoniense do século X como Uilare Berilli, onde se situarían unhas pesqueiras no rego que por aquí pasa, o Rego de Villabril. Ver A Pena da Cataverna para máis detalles.
Figura xa claramente atestado no século XVII, con este nome, como parte das posesións dos dominios territoriais do Priorado de San Miguel das Negradas, entón xa pertencente ao convento de San Paio de Antealtares (Santiago). Cf. p. 178 de Concepción Burgo. "Un dominio monástico mindoniense: el Priorato de San Miguel de las Negradas en la Edad Moderna", in "Estudios mindonienses." Nº. 2, 1986.
As VIÑAS (As Negradas, San Román, Suegos)
Topónimo transparente. Existen datos sobre a produción de viño na zona, así por exemplo, en 1738 é documentada unha colleita en Suegos de 177 arrobas de viño. En 1818 foi de 80 arrobas na parroquia de Suegos, 95 na do Vicedo, 30 na de San Román e 210 nas Negradas.
A mediados do século XIX os viñedos sufriron a praga do oidium, que apareceu en 1852, e que acabaría en moi pouco tempo coas viñas. Dous anos despois xa non se recolleu en toda a comarca nin un só barril de viño e comezaron a arrincar as viñas, das que xa soamente quedaría os topónimos.
O VISO (Suegos, Riobarba)
O termo "viso" significa "altura, lugar elevado, con boa vista".
O XARAL (As Negradas)
Terras onde abunda o "xabre", unha terra areosa dura, xeralmente formada pola descomposición do granito".
Tampouco se pode descartar a acepción alternativa de "lugar onde abundan as xaras", a planta de nome científico cistus ladanifer.
Existe tamén "xuxarrido", de "xarrido" en Bares e varios "Xaral" na contorna, como nas Grañas do Sor e en Viveiro.
O XARDÍN (As Negradas, Riobarba, San Román, Suegos)
Posiblemente este topónimo se refira ao significado obvio, e probablemente nun sentido metafórico (positivo ou pexorativo), pois hai moitos topónimos "xardín" localizados en sitios non apropiados para ser un xardín (e.g. cando están lonxe de lugares habitados). Posiblemente o sentido figurado fose positivo, de estar situado ao abrigo dos ventos e posiblemente orientado para o sur.
Segundo Crespo Pozo, xardín tería a acepción de "horto, horta pequena" (cf. J. S. Crespo, "Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego ..".Vol II, 1979). Esta acepción encaixa nalgún dos "Xardín" que coñecemos.

A XARXEIRA (San Román)
Chámase "xarxeira" ao "salgueiro branco". Cf. DdD.
O XASTAL (As Negradas)
Transcrición da pronuncia común de "xestal", referindo a un lugar onde abundan as xestas, que denomina varias especies arbustivas, xeralmente a de nome científico Cytisus scoparius.
XEÁN (Suegos)
De *(agru) Iuliani, dun posesor medieval chamado Iulianus.
Hai outro "Pena Xeán" en Mañón, que xa está documentada como pennam Iuliani no ano 916, nun documento do rei Ordoño II no que dona ao bispo de Mondoñedo a freguesía de Santa María de Mogor e o vale de Uaris (Bares). Cf. aquí (p. 20).
O XEBRE (Riobarba)
Posiblemente de "terreo xebre", significando terreo excelente, superior, limpo.
Tamén podería vir de "xabre", no sentido de "terra dura, areosa ou arxilosa, que hai que traballar coa picaraña".
Aínda que "xebre" sexa tamén o nome dado ás algas, aos argazos, este significado non é aplicable en Riobarba.
A XIRA (varios)
Unha "xira" é un terreo de labradío estreito e pequeno. Posiblementesendo se aplique "xira" no sentido de "paseo". É un significado que aínda se conserva para "xira" neste concello.
O XUGADOIRO (As Negradas -lugar de San Roque)
O xogadoiro era unha "praza que acostumaba a estar no centro das aldeas na que
acostumaban celebrar xogos". Encaixa neste topónimo por tratarse dunha zona de leiras chá, situada entre casas.
Hai outro "Xugadoiro" en Reboredo (Xuances).A XURREIRA (Riobarba -lugar do Canto do Muro de Abaixo)
O topónimo "Xurreira" é frecuente, por veces en lugares de prados, referido a "barrizal ", "lugar onde escorre a auga", e outras veces referido ao líquido que sae das cortes.
Igualmente, os termos "surro", "zudre" ou "xurro" teñen dúas acepcións: unha de "liquido que sae dos lugares de depósito, como latrinas e vertedoiros", e outra de "torrente, auga que escorre".
No caso que nos ocupa, a leira dese nome está pegada áss casas do lugar, polo que puido haber algunha saída de xurro das cortes, ou ben simplemente tratarse dun regato con augas ferruxinosas, que lle dan á auga un aspecto de xurro.
Talvez derivado de "xurxir", variante de xurdir, remitindo a un lugar dun surxente de auga, illó. Aínda que descoñecemos o uso de "xurxir" na zona, si é usado "rexurxir".